Opinión

Despois da abdicación de Juan Carlos, que o pobo decida (2ª parte)

Para coñecer un pouco máis sobre a monarquía e Juan Carlos Borbón, pode ser de utilidade un escrito de Amadeo Martínez Inglés, coronel do Exército e Diplomado de Estado Maior, enviado a un xuíz da Audiencia Nacional que lle abriu expediente por “inxurias á coroa” despois da publicación do artigo de opinión “Por qué te callas ahora?” con graves acusacións contra Juan Carlos.

Unha vida privada pouco exemplar

Para coñecer un pouco máis sobre a monarquía e Juan Carlos Borbón, pode ser de utilidade un escrito de Amadeo Martínez Inglés, coronel do Exército e Diplomado de Estado Maior, enviado a un xuíz da Audiencia Nacional que lle abriu expediente por “inxurias á coroa” despois da publicación do artigo de opinión “Por qué te callas ahora?” con graves acusacións contra Juan Carlos. Este coronel propuña que, nas dilixencias abertas, o xuíz tomase declaración como testemuñas a: Bárbara Rey (María García García), actriz, vedete y presentadora (o coronel fai referencia ao “pago a determinada vedette del espectáculo español por las prestaciones sexuales que le había realizado durante más de quince años”); Antonio Tejero Molina (ex tenente coronel da Guarda Civil); Alfonso Armada y Comyn (ex xeneral de División del Ejército de Tierra español); Jesús Cacho (xornalista); José María Ruiz Mateos (empresario) e Mario Conde (exbanqueiro, político, escritor e xornalista).

"Despois de facer esas gravísimas acusacións contra o rei polos presuntos delitos de golpismo de Estado, terrorismo de Estado, malversación de caudais públicos etc, este coronel foi condenado a unha multa de 6.480 euros por un delito de inxurias graves".

Entres os “Documentos a interesar de entes, instituciones u organismos del Estado” este coronel solicitaba ao ministerio de Defensa os “Documentos audiovisuales sobre las salidas extramaritales del rey de España (DIEME, División de Inteligencia del Estado Mayor del Ejército, años 1984-1996)”. Despois de facer esas gravísimas acusacións contra o rei polos presuntos delitos de golpismo de Estado, terrorismo de Estado, malversación de caudais públicos etc, este coronel foi condenado a unha multa de 6.480 euros por un delito de inxurias graves.

Sobre o tema das amantes do rei Juan Carlos, o libro de Patricia Sverlo “Un rey golpe a golpe”, dá conta da relación de Juan Carlos coa condesa italiana Olghina de Robiland e dunhas cartas escritas persoalmente polo príncipe entre 1956 e 1960, antes de casar en 1962 coa princesa Sofía de Grecia; cartas que desapareceron, previo pago á condesa.

A xornalista Pilar Eyre dicía no seu libro La Soledad de la Reina (editoral La Esfera de los Libros) :“La reina Sofía es una mujer que vive en silencio su propia tragedia griega”. Nese libro fala das supostas amantes e cita, entre outras, a unha vedette, estrela do destape e de impresiononantes ollos verdes (parece ser que se refire a Barbara Rey) e á decoradora Marta Gayá. Despois de presentar ese libro, a xornalista foi despedida de Telecinco, empresa na que traballou durante vinte anos.

Durante anos a prensa practicou unha especie de autocensura sobre a vida privada de Juan Carlos e as súas supostas amantes, que se levanta, nalgunhas ocasións, cando o tema, como a escapada para cazar elefantes, aparece en toda a prensa internacional. No futuro pode haber noticias sobre un aumento da familia real coa aparición de novos infantes e infantas. Unha reportaxe de Manuel Muñiz en Público de 24 de outubro de 2013 informaba de que dúas persoas presentaban demanda de filiación e pedían ser declarados fillos do rei “por vía sanguínea”. 

Albert Solá Giménez, de Xirona, de 56 anos, asegura que a súa nai quedou embarazada de Juan Carlos despois de coñecelo en Barcelona, onde viaxaba cando estaba en 1956 na academia militar de Zaragoza. Ingrid Sartiau, belga de 56 anos, di que a súa nai tivo unha relación con Juan Carlos até 1966. Estas dúas persoas sometéronse a un test de ADN por un especialista da Universidade de Lovaina e o resultado estabelece que son irmáns ao 91% de probabilidade. Dúas xuízas de Madrid non admitiron a trámite estas demandas, alegando a “inviolabilidade” e “irresponsabilidade” do rei, segundo a Constitución. Onde queda a igualdade ante a lei?

"Tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”), cinco días despois das primeiras eleccións xerais da democracia, pedindo 10 millóns de dólares para UCD 

Sempre apoiou á dereita

Non é verdade o conto da neutralidade e independencia da monarquía. O rei Juan Carlos tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”) desde o Palacio de La Zarzuela o 22 de xuño de 1977, cinco días despois das primeiras eleccións xerais da democracia, pedindo 10 millóns de dólares para UCD porque “el partido socialista obtuvo un porcentaje de votos más alto de lo esperado, lo que supone una seria amenaza para la seguridad del país y para la estabilidad de la monarquía”. Cando o goberno de Rajoy aproba numerosos recortes sociais, Juan Carlos participa nun Consello de Ministros deixando claro o seu apoio a esas medidas.

Os negocios da Familia Real. “El jefe es el rey”
 

Non se coñece oficialmente o patrimonio de Juan Carlos Borbón aínda que a revista Forbes fala de 1.790 millóns de euros. É  público que Pilar de Borbón, irmá de Juan Carlos, duquesa de Badajoz, é administradora de nove empresas.

O tema do cobro de comisións e actuacións ilegais, como no caso dos duques de Palma, semella que é unha práctica cunha importante tradición familiar. O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu citaba en xuño de 2013 como imputados a tres familiares do rei Juan Carlos (María Margarita Borbón dos Sicilias, a súa irmá María Inmaculada, e a filla desta, María García de Sáez) pola súa presunta participación no branqueo de capitais que realizaba a trama china dirixida por Gao Ping. María García de Sáez admitía tamén ante o xuíz que se acolleu á amnistía fiscal para regularizar un millón de euros que tiña nunha conta do banco Heritage de Suíza.

Patricia Sverlo sinala no seu libro Un rey golpe a golpe que os escándalos económicos salpicaron a Juan Carlos en numerosas ocasións e cita varios casos de corrupción protagonizados por empresarios ou persoas da súa máxima confianza como Javier de la Rosa ou Manuel Prado y Colón de Carvajal. Mario Conde no seu libro Memorias de un preso relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o posterior procesamento deste empresario. Cando Rumasa foi expropiada, José María Ruiz Mateos declarou que entregara mil millóns de pesetas ao rei.

"Cando Rumasa foi expropiada, José María Ruiz Mateos declarou que entregara mil millóns de pesetas ao rei".

Agora que está de moda cobrar comisións, Ignacio Escolar escribía un sorprendente artigo que titulaba Los negocios del rey: “¿Cobra el jefe del Estado dinero de empresas privadas por sus gestiones a favor o en contra de una u otra operación? La pregunta es pertinente porque los indicios empiezan a ser palmarios y porque, de confirmarse, sería un escándalo difícil de justificar. Corinna asesoró a Lukoil ante Repsol y el Fondo Hispanosaudí. Según esa información, Corinna no llegó a cobrar porque aquella operación no salió, pero iba a comisión. Juan Carlos de Borbón llegó a llamar seis veces el mismo día al entonces presidente José Luis Rodríguez Zapatero para apoyar la entrada de la petrolera rusa en el accionariado de Repsol. ¿Qué interés tenía el rey en que una petrolera rusa comprase parte de Repsol? ¿Iba también a comisión, como su “amiga entrañable” Corinna zu Sayn-Wittgenstein?” (eldiario.es, 10-3-2013).

A princesa Corinna daba detalles sobre a intervención do rei en determinados negocios, como recollía a revista Vanity Fair: “Los negocios en España se han hecho en los últimos 30 o 40 años de una forma muy particular. Quien quería llegar a grandes acuerdos con empresas españolas en Oriente Medio, Europa del Este o Latinoamérica sabía que la persona a la que políticos y empresarios llamaban es al rey, y el rey hacía las llamadas necesarias" (eldiario.es, 11-9-2013).

Carlos Elordi publicaba interesantes datos sobre a procedencia dos ingresos do rei no seu libro ¿Quiénes mandan de verdad en España?, editado por eldiario.es Libros:  “Algunas de las personas que le habían ayudado a asentarse en la corona en los momentos difíciles también gestionaron sus iniciativas en el mundo del dinero. El que más, Manuel Prado y Colón de Carvajal, cuya larga fidelidad al monarca, que ciertamente le debió de reportar grandes beneficios, le llevó en 1995 a aceptar una condena de dos años por haberse apropiado de entre 12.000 y 16.000 millones de pesetas de la familia real kuwaití a fin, se dijo, de que el Rey no apareciera como el destinatario de esos fondos”.

É unha evidencia a participación do rei Juan Carlos nas actividades corruptas de Urdangarín a través fa Fundación Nóos, proporcionando todo tipo de axuda para estabelecer contactos e incluso para utilizar residencias da Casa Real para realizar os negocios. O rei Juan Carlos non só estaba perfectamente informado dos negocios de Urdangarín, senón que, coordinado con el, realizaba todo tipo de xestións para favorecer o duque de Palma, tal e como recolle o correo de Urdangarín a Torres (9-8-2007): “Diego, hemos conseguido que el Rey se viera con Pedro [regatista Pedro Perelló, amigo do rei] para presentarle el proyecto. La reunión fue muy bien y aparte de parecerle bien armado ha ofrecido toda su ayuda para encontrar ayuda financiera”. E noutro correo (1-10-2007): “No tengo noticias de Pedro más que tu correo de la semana pasada pero...Tengo un mensaje de parte del Rey y es que le ha comentado a [la infanta] Cristina para que me lo diga, que le llamará Camps a Pedro para comentarle el tema de la base del Prada y que en principio no habrá problema y que nos ayudarán a tenerla”.

"É unha evidencia a participación do rei Juan Carlos nas actividades corruptas de Urdangarín a través fa Fundación Nóos, proporcionando todo tipo de axuda para estabelecer contactos e incluso para utilizar residencias da Casa Real para realizar os negocios".

Perelló estaba buscando un financiamento de 100 millóns de euros para inscribir o equipo de vela Ayre na 33ª edición da Copa de América celebrada en Valencia. Diego Torres, socio de Urdanagarín, declaraba ante o xuíz José Castro o 16 de febreiro de 2013 e entregáballe numerosos correos electrónicos. Nun deles escribe Urdangarín a Torres, en relación co proxecto Ayre: “Déjame que lo consulte con el jefe”. Parece ser que Torres explicou ao xuíz: “El jefe es el rey”. 

Segundo a documentación do sumario, foron numerosas as xestións que, con toda naturalidade, Urdangarín solicitaba a Juan Carlos. O 10 de setembro de 2004, mes e medio antes de que se celebrase Valencia Summit, Urdangarín solicitaba “un par de gestiones” para que diversas personalidades do deporte internacional asistisen a ese evento (“podrían venir si el Señor les anima a aceptar la invitación”, dicía o duque de Palma). Tamén pedía que realizase xestións para que Bernard Arnault, dono do imperio Louis Vouitton, participase “como patrocinador secundario en la cumbre”. Este empresario pasou por caixa, aportando 87.000 euros para Valencia Summit 2004, segundo un informe da Fiscalía.

"Coincidindo coa programación da data de coroación de Felipe VI como rei, cómpre unha alianza galega pola República coa convocatoria de manifestacións en todas as cidades e vilas galegas".

Alianza galega pola República

Nada máis coñecerse a abdicación do rei Juan Carlos, miles de persoas participaron nas numerosas concentracións convocadas cunha importante participación da mocidade. Demostrouse que é posíbel a mobilización unitaria para acabar con esta monarquía caduca e corrupta, respectando a convivencia entre quen teñen como obxectivo a República Galega ou a 3ª República.

Considero que, fronte a política de apoio á monarquía do PP e PSOE, non se pode defraudar ese sentimento unitario da inmensa maioría da xente republicana. Hoxe é posíbel presentar e conseguir que se aproben mocións nos próximos plenos municipais que apoien un proceso constituínte para que a monarquía sexa substituída por unha república, que recoñeza o dereito a decidir de Galiza como nación.

 Baixo esas premisas e coincidindo coa programación da data de coroación de Felipe VI como rei, cómpre unha alianza galega pola República coa convocatoria de manifestacións en todas as cidades e vilas galegas.

Comentarios