Opinión

Os criminais do Prestige e o cinismo do PP

Recuperamos a memoria histórica e falamos xa dos crimes contra a humanidade do franquismo, poñendo nomes e apelidos aos criminais, entre eles ministros de Franco, como Manuel Fraga. Os principais responsábeis políticos da catástrofe do Prestige non estaban no banco dos acusados. Cando se coñece a sentenza, os medios de comunicación falan de “crime sen castigo”. É hora de falar dos criminais que cometeron ese crime.

Recuperamos a memoria histórica e falamos xa dos crimes contra a humanidade do franquismo, poñendo nomes e apelidos aos criminais, entre eles ministros de Franco, como Manuel Fraga. Os principais responsábeis políticos da catástrofe do Prestige non estaban no banco dos acusados. Cando se coñece a sentenza, os medios de comunicación falan de “crime sen castigo”. É hora de falar dos criminais que cometeron ese crime.

"No Pleno da corporación municipal da Coruña celebrado o 18 de novembro de 2013, o PP vetaba unha moción do BNG sobre o Prestige, que non puido nin debaterse"

O 13 de novembro de 2013, 11 anos despois da catástrofe, facíase pública a sentenza sobre a maior catástrofe ecolóxica de Galiza: non hai culpábeis. Despois de nove meses de xuízo, a única condena de nove meses de cárcere é para o capitán, Apostolos Mangouras. Como non hai responsábeis, non hai que pagar os 4.328 millóns de euros, que inclúen as perdas e danos ocasionados  polo vertido a Administracións, empresas e particulares. Por outra parte, a sentenza deixa unha perigosa mensaxe para o futuro: quen contamina non paga, é dicir, sae gratis. Como dicía Nunca Máis, é unha sentenza “ao servizo do poder e do PP”.

Houbo tamén colaboradores dos criminais. Francisco Vázquez, alcalde da Coruña polo PSOE, tivo unha lamentábel actuación, apoiando e defendendo as decisións políticas do PP. Non asistía o 1 de decembro de 2002 á multitudinaria manifestación de Compostela porque eses actos “se politizan con banderas y pancartas”. O concello da Coruña foi o único da comarca que non facilitou autobuses para desprazarse á citada manifestación. Francisco Vázquez desautorizou as mocións de censura ao Goberno Fraga, que presentaron BNG e PSOE. Arremetía contra a actuación de Nunca Máis, que cualificaba como “falaz, engañosa y oportunista; está dirigido por radicales, extremistas e independentistas que tan sólo intentan sacar provecho de la catástrofe”. Chegou a acusar de prevaricación aos concellos que colaboraron con Nunca Máis. O consello de ministros celebrado na Coruña o 24 de xaneiro de 2001 no Pazo Municipal de María Pita, concedía a Francisco Vázquez a Gran Cruz da Orde de Isabel A Católica. Así pagaban os servizos prestados ao Partido Popular.

Hai unha gran indignación na sociedade galega pola sentenza do Prestige e Feijóo, que é moi listo, sóbese  ao carro desa indignación xeral e declara: “Hai unha gran decepción en Galicia e en España porque ninguén se faga responsable dos gastos ocasionados polo accidente”. Sobre as responsabilidades políticas, repetía o argumento de sempre: “quedaron ventiladas varias veces en eleccións xerais, autonómicas, municipais…E nalgúns casos, dúas veces”.

"Manuel Fraga, Presidente da Xunta de Galicia: “Si hace falta, me vuelvo a bañar como en Palomares” (21 de Novembro)".

Son declaracións para a galería porque os feitos son radicalmente distintos. Así, no Pleno da corporación municipal da Coruña celebrado o 18 de novembro de 2013, o PP vetaba unha moción do BNG sobre o Prestige, que non puido nin debaterse. Ese mesmo día Feijóo, con todo o cinismo do mundo, anunciaba nunha conferencia en Madrid que o Estado recorrerá en casación ante o Tribunal Supremo a sentencia da Audiencia da Coruña para que inclúa unha responsabilidade civil, é dicir, unha compensación económica polos danos causados. Este era un dos puntos da proposta de acordo da moción do BNG: “Solicitar ao Ministerio Fiscal e á Xunta de Galiza que presenten diante do Tribunal Supremo un recurso de casación contra a sentenza do Prestige, fallada pola Audiencia Provincial da Coruña, dado que existen as razóns e os supostos de feito e de Dereito para recorrer”.

Para Xosé Manuel Carril, portavoz do Grupo Municipal do BNG, “o veto do Partido Popular á moción do BNG evidencia que ao PP lle encanta a sentenza e que nin lle desconcerta, nin lle sorprende, nin lle indigna. O PP ponse de lado dos piratas, dos incompetentes e dos irresponsábeis. O alcalde, Carlos Negreira, fai todo o contrario do que di: en declaracións aos medios di sentirse indignado pola sentenza, mais, na sesión plenaria, veta a moción do BNG”.

Estas son as declaracións dalgúns dos responsábeis do crime do Prestige –entre o 13 de novembro de 2002, que ten unha vía de auga e comeza a verter chapapote, e os días posteriores ao seu afundimento o 19 de novembro–, que non deben quedar sen castigo e que a historia xulgará como culpábeis:

Arsenio Fernández de Mesa, Delegado do Goberno: “Probablemente el fuel no toque la costa gallega” (14 de Novembro de 2002). “El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín” (19 de Novembro). “Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe” (21 de Novembro).

Manuel Fraga, Presidente da Xunta de Galicia: “Ya ha pasado el peligro más grave” ( 15 de Novembro). “Si hace falta, me vuelvo a bañar como en Palomares” (21 de Novembro). “Estuve de cacería cuatro horas y me volví sin comer” (8 de Decembro).

Enrique López Veiga, Conselleiro de Pesca da Xunta de Galicia: “Con el Prestige a 60 millas el riesgo no es alto” (15 de Novembro). “Todo el fuel que tenía que llegar a la costa ya ha llegado”. (17 de Novembro). “Si no hubiéramos alejado el buque mar adentro, la mancha ya estaría en la costa” (26 de Novembro). ”Una marea negra es una marea negra” (29 de Novembro).

Mariano Rajoy, Vicepresidente do Goberno: “A una profundidad de 3.500 metros y a dos grados de temperatura, el fuel estaría en un estado sólido, por lo que, en principio, el combustible no se verterá” (24 de Novembro)

Miguel Arias Cañete, Ministro de Agricultura e Pesca: “Afortunadamente, la rápida intervención de las autoridades españolas alejando el barco de las costas, hace que no temamos una catástrofe ecológica, como ha sucedido en otras ocasiones, ni prevemos grandes problemas en las aguas españolas ni para los recursos pesqueros” (16 de Novembro). “El vertido afecta a una extensión muy importante, pero no es una marea negra” (26 de Novembro).

José Luis López Sors, Director Xeral da Marina Mercante: “No se puede hablar de marea negra; son manchas negras y dispersas” (17 de Novembro).

José María Aznar, Presidente do Goberno: “No he ido a Galicia porque ya han estado varios ministros” (22 de Novembro).

Francisco Álvarez Cascos, Ministro de Fomento): “Lo del Prestige es para España lo que para otros países es Chernóbil (...), esto es nuestro Chernóbil particular” (7 de Decembro). “La noticia de mi cacería responde a una estrategia del señor Polanco y el señor Zapatero” (12 de Decembro ).

Mariano Rajoy, Vicepresidente do Goberno: “La marea no va a llegar a las Rías Bajas” (21 de Novembro). “Afecta a una parte importante de La Coruña, pero no es una marea negra” (23 de Novembro). “A una profundidad de 3.500 metros y a dos grados de temperatura, el fuel estaría en un estado sólido, por lo que, en principio, el combustible no se verterá” (24 de Novembro). “El fuel no debe llegar a la costa pero se han tomado todas las medidas posibles” (28 de Novembro). “El fuel está aún enfriándose, salen unos pequeños hilitos, los que se han visto, hay en concreto cuatro regueros que se han solidificado con aspectos de plastilina en estiramiento vertical. (5 de Decembro). “En total, el Prestige pierde unas 125 toneladas al día por sus 14 grietas” (9 de Diciembre). 

Federico Trillo, ministro de Defensa: “Después de haber sobrevolado la zona puedo decir que no hay playas manchadas de chapapote. Las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica... A Galicia le quedan algunas semanas de limpieza en algunas zonas, pero en las rías no ha entrado el chapapote. El marisco está allí extraordinario. No es el Apocalipsis que se nos ha descrito durante estos días” (24 de Decembro).

As manifestacións convocadas por Nunca Máis para o 1 de decembro poden ser unha boa ocasión para lembrar estas frases e pedir xustiza e un castigo exemplar para os causantes deste crime.
 

Comentarios