Opinión

Portugal ¿por que a mobilización colle folgos cando noutros lugares recúa?

Teño comentado nalgún artigo, neste mesmo medio, que tanto Grecia como Portugal son un exemplo a seguir pola clase traballadora europea na loita contra a crise, que en realidade é un axuste neoliberal que implica un aumento da centralización e concentración da riqueza e do poder. No caso concreto de Galiza, tanto pola proximidade xeográfica, de cultura e de lingua, como por ser a situación económica e social semellante en moitos aspectos, ten para nós un significado especial o progresivo ascenso da mobilización popular en Portugal, nun intre no que perdeu intensidade na Galiza e no Estado español.

Teño comentado nalgún artigo, neste mesmo medio, que tanto Grecia como Portugal son un exemplo a seguir pola clase traballadora europea na loita contra a crise, que en realidade é un axuste neoliberal que implica un aumento da centralización e concentración da riqueza e do poder. No caso concreto de Galiza, tanto pola proximidade xeográfica, de cultura e de lingua, como por ser a situación económica e social semellante en moitos aspectos, ten para nós un significado especial o progresivo ascenso da mobilización popular en Portugal, nun intre no que perdeu intensidade na Galiza e no Estado español. Unha situación que contrasta coa dos primeiros anos da crise, cando a protesta social era máis consistente no noso país, como ficou reflectido nas catro folgas xerais realizadas: 29 de setembro de 2010; 27 de xaneiro de 2011 (convocada só pola CIG); 29 de marzo de 2012 e 14 de novembro do mesmo ano. 

"O contexto macro-económico de Portugal non é moi distinto do de Galiza e do Estado español, xa que adquiriu unha importante débeda pública e medrou o déficit orzamentario, para salvar os bancos e outras empresas (en poder das grandes fortunas)"

O contexto macro-económico de Portugal non é moi distinto do de Galiza e do Estado español, xa que adquiriu unha importante débeda pública e medrou o déficit orzamentario, para salvar os bancos e outras empresas (en poder das grandes fortunas), e aumentar os lucros empresariais. Tamén recuou o PIB dende o inicio da crise, e a taxa de desemprego subiu polas nubes, aínda que as cifras oficiais (17,7%) marquen distancia coas de Grecia e do Estado español. Ao respecto da situación, a CGTP-IN facía a seguinte valoración o  mes de xullo de 2013: “Passados dois anos de aplicação do memorando das tróicas e de permanência da coligação PSD/CDS-PP no Governo, a situação do país e a vida dos trabalhadores e outras camadas da população está hoje muito pior: 

  • No plano financeiro, o défice não desceu e, ao contrário, subiu para 10,6% do PIB, no 1º trimestre; a dívida cresceu mais 48 mil milhões de euros e já ultrapassou os 127%, enquanto os juros se aproximam dos 8%. 
  • A nível económico, foi desenvolvida uma política assente na destruição da capacidade produtiva e alienação dos recursos nacionais, na concentração da riqueza, ampliando ainda mais as taxas de lucro do capital, e na gestão criminosa que provocou pesados prejuízos ao erário público, como aconteceu com os processos especulativos do BPN e outros Bancos. Sucederam-se inúmeros negócios ruinosos, as parcerias público privadas (PPP), os contratos de gestão de risco financeiro (SWAP) e a privatização de empresas. 
  • No plano social, as consequências são dramáticas, com a destruição de centenas de milhar de postos de trabalho, elevando o desemprego para mais de 1,5 milhões de pessoas; os cortes nos salários e pensões de reforma, a par do aumento dos impostos, que empobreceram fortemente os trabalhadores e as famílias, milhares delas a sobreviverem já abaixo do mínimo de subsistência; o ataque aos direitos laborais e sociais agravaram drasticamente as condições de trabalho, fazendo aumentar a exploração dos trabalhadores.”

Algúns dados máis sobre a situación laboral en Portugal, o 21% dos contratos son temporais e 460.000 traballadores e traballadoras gañan menos que o salario mínimo (565,83 euros mes). A grave situación social forzou unha emigración masiva; nos anos 2011-2012 marcharon do país 220.000 persoas, das que un 43% definitivamente. O único aspecto positivo é que durante os nove primeiros meses de 2013 creáronse 21.600 empregos, unha tendencia aínda moi feble. 

"Durante a crise non só medrou moito a desigualdade social na Unión Europea senón tamén entre estados e “rexións”

Sen dúbida é unha situación que podemos trasladar nalgúns aspectos, concretamente no retroceso das condicións laborais e sociais, a todos os estados da Unión Europea, e mesmo da maior parte do mundo. Mais, a esta evidencia hai que lle facer unha importante matización: durante a crise non só medrou moito a desigualdade social na Unión Europea senón tamén entre estados e “rexións”. O que demostra que os axustes non se fixeron pensando no pobo, xa que favoreceron exclusivamente as clases dominantes en todos os estados, e ademais, reproduciuse a tendencia cos territorios máis poderosos. Algo que non é unha novidade, xa que o capitalismo sempre alentou a concentración e centralización da riqueza e do poder, porque é consubstancial a este sistema. Só en intres moi determinados, por exemplo, durante as décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial (cun movemento obreiro forte e organizado, e o bloque socialista), esta tendencia ficou minguada.  

Entre as mobilizacións sociais, non convocadas pola CGTP, hai que salientar a do 2 de marzo de 2013, que axuntou perto dun millón e medio de persoas en todo Portugal, das que 800.000 en Lisboa, segundo a plataforma convocante, “Queselixeatroika”. Tamén causou funda impresión nas clases dominantes a concentración, a finais de novembro, das forzas de seguranza fronte á Asemblea da República, máxime cando estes subiron pola escada do edificio, cedendo a policía que a custodiaba, para evitar a confrontación; foi unha demostración simbólica do anoxo e determinación contra os sucesivos axustes. 

Para alén das mobilizacións dun carácter popular, das que algunhas foron masivas, o cerne da protesta social está na clase traballadora portuguesa. Da amplitude da protesta dán unha idea os 3.000 actos reivindicativos que se rexistraron durante o ano 2012. E todo indica que a folga xeral do 14 de novembro dese ano, convocada pola CGTP-IN, con manifestacións en 39 cidades, significou un pulo cualitativo e cuantitativo na loita contra os axustes e por un novo modelo produtivo. Os xornais destacaban que era a terceiro paro en 16 meses contra o Goberno, e centraban a importancia da folga nos transportes e o sector público. 

"A folga xeral do 14-N en Portugal coincidiu coa realizada no Estado español con consignas moi semellantes, e que tivo un seguimento impresionante na Galiza, con manifestacións inmensas".

Lembremos que a folga xeral do 14-N en Portugal coincidiu coa realizada no Estado español con consignas moi semellantes, e que tivo un seguimento impresionante na Galiza, con manifestacións inmensas. Esta será a única coincidencia que se pode destacar, porque a resposta sindical diante dos ouvidos xordos dos respectivos gobernos será diverxente. En Portugal a mobilización irá a máis, e no Estado español CC.OO. e UGT optarán pola pasividade, demostrando na práctica que a súa oposición ten límites, o que deixa a porta aberta a novas medidas regresivas por parte do Goberno, para satisfacción da patronal e da dereita. 

Despois da folga xeral do 14-N,  a CGTP botou adiante, o 27 de novembro, a campaña «Em Defesa das Funções Sociais do Estado Consagradas na Constituição da República»; e o 8 de decembro en Porto, e logo o día 15 en Lisboa, fixéronse senllas mobilizacións “contra o Orçamento do Estado para 2013, contra a exploração e pela mudança de política”. O 16 de febreiro realizáronse manifestacións en 24 cidades como parte dunha xornada de loita, e dende o 18 de febreiro ate o 27 de marzo, desenvolveuse outra campaña de sensibilización na defensa das funcións sociais do Estado; marchas contra o empobrecemento do 6 ao 13 de abril; e o 1 de maio, as manifestacións do Día Internacional da Clase Traballadora, con marchas en 40 cidades; o 25 de maio concentración masiva en Belén, Lisboa, esixindo a dimisión do Goberno e a convocatoria de eleccións anticipadas. O 27 de xuño realizouse unha nova folga xeral baixo o lema “Basta! de exploração e empobrecemento”. Sen dúbida foi a máis exitosa das folgas xerais realizadas no país irmán, cunha resposta moi ampla no sector industrial, transporte, servizos públicos... O 7 de xullo, a CGTP chamou a unha nova concentración en Belén, na que milleiros volvían a pedir a dimisión do Goberno e a convocatoria de eleccións. 

O período de vacacións abriu un breve intermedio, que encheu a Festa do Avante, o 6,7 e 8 de setembro, e a convocatoria das autárquicas do 11 de outubro, nas que o PCP avanzou en porcentaxe de votos e ampliou o número de concellos nos que goberna. Este é un dato importante tendo en consideración que se trata da forza política hexemónica e dinamizadora da CGTP-IN. O 19 dese mes fixéronse manifestacións en Lisboa e Porto e nas rexións autónomas, que congregaron a centos de milleiros de persoas, nas que a CGTP “exigiu que seja travada a proposta de Orçamento do Estado para 2014, a qual representa a reafirmação de uma opção que aprofunda o retrocesso e acelera o afundamento do País”. O 1 de novembro realizouse unha concentración fronte ao pazo de São Bento contra o orzamento do ano 2014, e o 26 do mesmo mes, nova manifestación en Lisboa e accións en todo nun día nacional de indignación, protesta  e loita, coa mesma reivindicación. O 19 de decembro a central sindical convocou unha vixilia diante do pazo do Goberno en Lisboa, formando parte da semana de loita desenvolvida entre o 16 e o 20 de decembro, esixindo máis unha vez a dimisión do Goberno de Passos Coelho. Para o 1 de febreiro deste ano a CGTP-IN xa ten convocada unha xornada nacional de loita con manifestacións e concentracións en todos os distritos do país. 

"Para o 1 de febreiro deste ano a CGTP-IN xa ten convocada unha xornada nacional de loita con manifestacións e concentracións en todos os distritos do país". 

O relatorio destas accións era necesario, mesmo sendo extenso, para que o leitor poda ter unha panorámica completa do acontecido neste período en Portugal, e así tirar conclusións cando se realicen comparacións. Asemade, non esquezamos que, a estas mobilizacións confederais convocadas pola CGTP-IN, hai que lle engadir as de empresa e as de sector, o que reflicte como aumentou nestes anos o grao de organización, a conciencia de clase, e a capacidade de loita do movemento obreiro portugués. 

O crecemento da resposta da clase traballadora en Portugal contra o ataque do capital débese, en grande medida, a que o Partido Comunista Portugués, que como xa dixen é hexemónico na CGTP-IN, ten marcados para este contexto obxectivos claros, e moi especialmente unha folla de ruta ben definida e uns métodos de traballo correctos. Esta é unha cuestión fundamental, máxime neste contexto histórico, no que son imposíbeis avances a través da loita sindical ligada a reivindicacións reformistas, porque as clases dominantes da Unión Europea están apostando moi forte por unha fonda centralización e concentración da riqueza e do poder. Ou sexa, non é posíbel defender conquistas laborais e sociais, nen obter avances para as clases populares sen unha mudanza na correlación das forzas e unha ruptura democrática, que garanta a soberanía e cambios radicais no sistema socio-económico. Unha tarefa na que o suxeito político, o partido de clase, é insubstituíbel. 

"Non é posíbel defender conquistas laborais e sociais, nen obter avances para as clases populares sen unha mudanza na correlación das forzas e unha ruptura democrática"

Hai varios aspectos que cómpre destacar do PCP: definirse como un partido da clase obreira, e dende os intereses desta, forxar as alianzas con outra camadas populares, marcar con claridade os obxectivos para conseguir a ruptura democrática e fixar as tarefas militantes para mudar a correlación de forzas. Sobre estes eixos definiu as metas principais, que se manteñen no tempo, tanto na axitación política e sindical como nas consignas mobilizadoras. Da análise das accións convocadas pola CGTP como confederación resulta evidente que a soberanía, as condicións laborais e salariais, o desemprego, a cuestión produtiva, os servizos públicos, e o tema fiscal, son centrais en todas elas, así como rexeitar os acordos coa Troika, a dimisión do Goberno e a convocatoria de novas eleccións. Hai unha mensaxe que dá unha resposta aos graves problemas económicos e sociais das clases populares (permitindo unha alianza da clase obreira con outras camadas) e ofrece un camiño para conseguilo, dándolle á protesta máis razóns que o rexeitamento ou a esixencia de rectificación por parte das clases dominantes. Non só cuestiona senón que se propón un cambio no poder político. 

No referente aos obxectivosdo PCP para este contexto, dise no seu Programa: “A democracia avançada que o PCP propõe ao povo português contém cinco componentes ou objectivos fundamentais:
1.º – um regime de liberdade no qual o povo decida do seu destino e um Estado democrático, representativo e participado;
2.º – um desenvolvimento económico assente numa economia mista, dinâmica, liberta do domínio dos monopólios, ao serviço do povo e do País;
3.º – uma política social que garanta a melhoria das condições de vida dos trabalhadores e do povo;
4.º – uma política cultural que assegure o acesso generalizado à livre criação e fruição culturais;

5.º – uma pátria independente e soberana com uma política de paz, amizade e cooperação com todos os povos”.

Ao meu entender, é máis cuestionábel que esta mesma claridade non exista tamén en todo o relativo ao proxecto estratéxico para acadar a liberación nacional e o socialismo, para o que é esencial fixar a folla de ruta e estes obxectivos no imaxinario colectivo. Por exemplo, no programa non está resolta a relación no futuro coa Unión Europea, e polo tanto cal é a vía para a construción do poder popular, xa que se deixan ver varios escenarios posíbeis. No Programa faise a seguinte referencia: ”O PCP lutará por uma Europa de efectiva cooperação entre nações livres e Estados soberanos e iguais em direitos e é favorável à construção de uma Europa inteira de paz, de cooperação entre os trabalhadores, os povos e as nações, à construção de um continente que seja um factor de desenvolvimento e um factor de segurança e de progresso social em todo o mundo, ao contrário de uma UE, moldada pelos interesses dos grandes monopólios, que se afirma como um bloco políticomilitar”. Esta indefinición coido que limita a formación de masa critica para unha ruptura co sistema, máxime en épocas históricas nas que ninguén pode precisar a duración dunha etapa. Mais, este é outro debate, nun aspecto non exclusivo dos comunistas portugueses. 

"Fan necesarios novos métodos de traballo e organizativos para un contexto histórico distinto, de confrontación directa co capital, no que este ten unha enorme hexemonía no eido das ideas"

Todo indica que o éxito das mobilizacións do pobo irmán débese a un proceso de acumulación, que foi posíbel tanto grazas a un inmenso traballo de base como ás rectificacións realizadas como consecuencia de comprender o carácter da crise (axuste), que fan necesarios novos métodos de traballo e organizativos para un contexto histórico distinto, de confrontación directa co capital, no que este ten unha enorme hexemonía no eido das ideas. Axudou moito ao PCP que este sempre puxese en primeiro plano a loita social, especialmente no ámbito laboral, facendo da representación institucional un apoio, algo que aconteceu mesmo na década do auxe da economía especulativa. A importancia que lle concede ao mundo do traballo resulta evidente no seu voceiro, o Avante, así como nas intervencións dos seus dirixentes. 

O Avante destacaba no seu editorial de fin de ano esta sensibilidade cando dicia: “a luta organizada dos trabalhadores, com a CGTP-IN como força motriz no plano social, tem constituído o grande obstáculo à ofensiva predadora da política de direita: opondo-se-lhe e dando-lhe combate através de múltiplas e diversificadas acções, muitas delas de dimensão histórica – e muitas vezes alcançando significativas vitórias; superando ameaças, chantagens, represálias, estilhaçando a ofensiva ideológica do grande capital, pregadora do conformismo, da resignação, da aceitação passiva das inevitabilidades – e demonstrando que vale a pena lutar, confirmando que, se é certo que quem luta nem sempre ganha, mais certo é que quem não luta, perde sempre; impedindo essa ofensiva de ir tão longe quanto os seus mandantes desejariam – e, a cada momento, contribuindo para a criação das condições necessárias para derrotar essa política de desastre nacional, antipatriótica e de direita, e para a substituir por uma política inspirada nos valores de Abril, portanto, patriótica e de esquerda”. 

"Os votos non son para os comunistas portugueses, a diferenza do que acontece en moitas outras organizacións, máis importantes que a base organizada e militante"

Os votos non son para os comunistas portugueses, a diferenza do que acontece en moitas outras organizacións, máis importantes que a base organizada e militante, como demostra que manteñan viva a agrupación do partido na empresa. Isto contribúe non só a levar aos centros de traballo o debate político e unha liña antissitémica, senón facer destas un viveiro de cadros sindicais e do partido; este último aspecto é fundamental para garantir unha liña política de clase. Iso non quere dicir que o PCP non sufra, como outros partidos da esquerda, as consecuencias da inmensa hexemonía ideolóxica e cultural do neoliberalismo, mais foi quen de manter esa estrutura, hoxe perdida noutras organizacións. No momento de levar adiante campañas que se necesitan estender no tempo, ou chocan de fronte coas clases dominantes, vense os resultados positivos. 

A cuestión organizativa non é secundaria, senón unha parte importante do proxecto político, xa que permite incorporar ás tarefas propagandísticas e de dirección ao conxunto dos militantes, en contraposición aos que reducen a súa participación aos congresos, asembleas para elixir candidatos e actos electorais. Neste aspecto contrasta con forzas como o Bloco de Esquerdas, que lle disputa hai anos ao PCP, sen éxito, o espazo eleitoral. Nese partido con moitas semellanzas con SYRIZA, a vida política xira arredor das eleccións, e a mobilización é un escaparate para dar a coñecer as siglas e os candidatos (malia que na teoría non sexa o seu obxectivo). 

"Cómpre chantar o conflito onde sempre estivo, no ámbito político, na disputa global do poder ás clases dominantes"

Sen dúbida ficamos inmersos nun novo tempo histórico, no que o estoupido da burbulla da globalización neoliberal na Unión Europea, fixo que o capitalismo amosase a súa face real. Hoxe vai gañando a batalla, mais ten moitas contradicións, e a última palabra non está dita. Daquela, tanto os partidos coma os sindicatos antisistémicos, se queren seguir cumprindo a súa finalidade histórica, deberán deixar atrás formas organizativas e métodos de traballo que xa non valen, porque o capital xa non cede fronte ás mobilizacións laborais e sociais limitadas (no tempo, en intensidade, e de colectivos reducidos). E tampouco permitirá facer unha xestión máis progresista das institucións, á marxe dos seus intereses hexemónicos, de non existir unha inmensa presión social. Cómpre chantar o conflito onde sempre estivo, no ámbito político, na disputa global do poder ás clases dominantes, na utilización das institucións como megáfono e apoio á loita popular e, alí onde se conte con maioría, abrir procesos de ruptura democrática. E nesta vía, Portugal, os nosos irmáns, están a desenvolver nalgúns aspectos unha experiencia positiva que debéramos coñecer máis, estudar e por suposto, apoiar decididamente. 

O outro camiño é a reforma, mais a etapa dos petitorios, do diálogo de clases, da mobilización utilizada nos estados do centro do capitalismo só como escenificación da forza (propio da guerra fría), está superada por unha correlación de poder moi desigual entre as clases sociais e entre os países a nivel mundial e rexional. Algo que se demostrou co entreguismo e desmobilización que significaron os sucesivos pactos sociais asinados por CC.OO. e UGT, ou os custes socioeconómicos da estratexia dos “amigos en Madrid” practicada pola Xunta. Tampouco esquezamos que, como afirma Samir Amin, ficamos no marco dun capitalismo senil (destrutivo no ecolóxico, que dá folgos á economía especulativa e delituosa, ás burbullas e á privatización) sustentado nun crecemento exponencial da explotación e da opresión.  

http://manuelmera.blogaliza.org/