Opinión

Galeano e Galiza

Deste xeito titulei un artigo sobre o  Terceiro evento do Foro Social Mundial (FSM) en Porto Alegre, Brasil,  no ano 2003. Coido que ten interese lembrar aquel momento porque liga o noso país cun dos escritores xeniais, e ao mesmo tempo máis lucidos e comprometidos na loita contra a opresión dos povos e a explotación da clase traballadora, o uruguaio Eduardo Galeano. 

Deste xeito titulei un artigo sobre o  Terceiro evento do Foro Social Mundial (FSM) en Porto Alegre, Brasil,  no ano 2003. Coido que ten interese lembrar aquel momento porque liga o noso país cun dos escritores xeniais, e ao mesmo tempo máis lucidos e comprometidos na loita contra a opresión dos povos e a explotación da clase traballadora, o uruguaio Eduardo Galeano. Poeta sensíbel, achegado aos sentimentos da xente, persoa comprometida co cambio, e observador critico da historia como reflectiu en As veas abertas de América Latina. 

"Diante de 20.000 asistentes o escritor uruguaio fixo referencia a Galiza, á desaparición da administración durante as primeiras semanas da traxedia polo afundimento do Prestige"

Participei dende o primeiro momento en todos os eventos do FSM en representación da CIG, porque comprendín axiña que era unha resposta axeitada ao momento, contando co apoio da dirección da central. Intervin nos anos anteriores, xunto a outras delegacións sindicais, nalgunha mesa redonda e nun acto organizado pola Central Unitaria de Traballadores do Brasil. O Foro Social Mundial foi unha resposta das forzas antiimperialistas ao proceso de globalización neoliberal, que aproveitou perversamente o baleiro deixado pola queda do “bloque socialista”. Dicía naquel artigo:

“O “Xigantiño” foi o local onde se fixeron as maiores conferencias do 3º Forum Social Mundial (FSM) de Porto Alegre. Ten capacidade pra 15.000 persoas, aínda que o 26 de xaneiro estaban ateigados os corredores e moita xente ficou fóra do recinto, ese día falaban Eduardo Galeano, Leonardo Boff, Radha Kumar e Jean Ziegler. Diante de 20.000 asistentes o escritor uruguaio fixo referencia a Galiza, á desaparición da administración durante as primeiras semanas da traxedia polo afundimento do Prestige, e como a sociedade civil, as xentes do mar do noso país e miles de voluntarios, enfrontaron cos medios máis rudimentarios, teimosía e coraxe, á marea negra que pretendía desfacer as rías, despois de tinguir de negro as rochas e praias abertas ao mar. Cun escritor do prestixio de Galeano lembrase este feito e o puxera como exemplo reflicte sensibilidade humán, así como a súa solidariedade e aprecio pola Nosa Terra.”

"Amosaba a sensibilidade dun home de esquerda e unha proximidade as nosas xentes, como persoas humildes e traballadoras, que entendía como unha parte dos de abaixo na terra de Artigas".

Aínda que para a povoción no noso país a Arxentina e sinónimo da emigración galega, en realidade a incidencia dos galegos e galegas sempre foi moito máis importante no Uruguai, o “paisiño” como din os “orientais”. Po iso que Galeano fixese unha referencia tan especifica na súa intervención ao tema do Prestige, e dera un énfase tan especial, e emotivo, á loita que o povo libraba contra os elementos, e a pasividade do Estado español. Amosaba a sensibilidade dun home de esquerda e unha proximidade as nosas xentes, como persoas humildes e traballadoras, que entendía como unha parte dos de abaixo na terra de Artigas. Eduardo Galeano debe vivir tamén na nosa memoria. 

Manuel Mera