Opinión

Se queren falar de violencia, falemos da barbarie

Señoras e señores do Partido Popular: non poden nin poderán nunca negar que vostedes pertenecen a un partido que foi fundado por un home que exerceu de ministro dun réxime que naceu dunha sublevación militar que causou milleiros de vítimas, mortes, barbarie, terror, exilio e represión, por un home que perteneceu a un réxime que tivo as súas orixes nun sanguento golpe de estado, ao que seguiu unha auténtica guerra de exterminio contra persoas civís desarmadas, contra homes e mulleres que están aínda no corazón e na memoria viva de moitos e moitas de nós: Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Víctor Casas… 

Señoras e señores do Partido Popular: non poden nin poderán nunca negar que vostedes pertenecen a un partido que foi fundado por un home que exerceu de ministro dun réxime que naceu dunha sublevación militar que causou milleiros de vítimas, mortes, barbarie, terror, exilio e represión, por un home que perteneceu a un réxime que tivo as súas orixes nun sanguento golpe de estado, ao que seguiu unha auténtica guerra de exterminio contra persoas civís desarmadas, contra homes e mulleres que están aínda no corazón e na memoria viva de moitos e moitas de nós: Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Víctor Casas… e milleiros e milleiros de persoas anónimas que foron asasinadas nas cunetas ou fusiladas fronte aos muros dos cemiterios, guindadas ao mar desde unha ponte ou salvaxemente arrastradas vivas. Só por isto deberían ter a prudencia de non asociar a ninguén á violencia, porque só en Galiza, sen haber fronte de guerra, houbo máis de 5000 mortos. 

"Non poden nin poderán nunca negar que vostedes pertenecen a un partido que foi fundado por un home que exerceu de ministro dun réxime que naceu dunha sublevación militar que causou milleiros de vítimas"

Señoras e señores do Partido Popular: tampouco é falsear a historia dicir que o PP, con José María Aznar á cabeza e co apoio do conxunto dos deputados e das deputadas que nese momento estaban no Congreso formando parte do seu grupo parlamentar, apoiou afervoadamente a participación de España na invasión e na guerra do Irak, un conflito bélico que naceu dunha falsidade e que causou entre 150.000 e 1 millón de mortos e que tivo posteriormente a súa consecuencia directa no 11 M, con 192 mortos e 2000 feridos. Igualmente só por isto deberían ter a prudencia de non asociar a ninguén á violencia, e menos aínda a quen nunca a pacticou e a quen sempre a condenou.

Señores e señoras do Partido Popular: deben saber que cada vez que nos falen da violencia, asociándoa, ademais, de forma miserábel, a unha organización como o BNG, que sempre defendeu a paz, nós poderemos falarlles da barbarie e do terror que naceu do réxime do que formou parte Fraga Iribarne ou da morte e da destrución que causou a Guerra do Irak, unha horríbel guerra da que foi responsábel directo José María Aznar. Se esa é a linguaxe que vostedes se empeñan en utilizar no debate político, nós exerceremos tamén a memoria histórica, e lembraremos as atrocidades da guerra e todas as estampas de Galicia mártir e de Atila en Galicia, así como os versos de Luís Pimentel: ¡Outra vez, outra vez o terror! / Un día e outro día, / sen campás, sen protesta, / Galicia ametrallada nas cunetas / dos seus camiños / … / Ti sabes que todos os días / hai un home morto na cuneta, / que ninguén coñece aínda. 

"Señor Feijóo, señora Paula Prado, con que dereito vostedes poden pedir agora aos demais credenciais de compromiso coa democracia?" 

Si, señores do Partido Popular, en nome da intolerancia e do mesmo concepto rancio de España que moitos de vostedes aínda hoxe profesan, outros, naqueles dramáticos días do 36, encheron as cunetas de sangue de obreiros, de campesiños, de mestres, de homes e mulleres que non cometeran máis delito que loitar por Galiza e pola democracia. Todo ese horror en nome de “¡Viva España y viva la derecha!”. E tampouco esquecemos todo o que veu despois para milleiros de persoas: fame, represión, cárcere, tortura…  Igual que non olvidamos os sucesos de Montejurra e de Gasteiz ou que Manuel Fraga Iribarne estaba no consello de ministros que condenou a morte a Julián Grimau. E, non obstante, ninguén sentou a Fraga diante dun tribunal para que explicase as súas responsabilidades políticas durante a ditadura. Pasou directamente da ditadura á democracia, sen comparecer ante ningún tribunal de xustiza nin ter que dar ninguna explicación. Díganme, señor Feijóo, señora Paula Prado, con que dereito vostedes poden pedir agora aos demais credenciais de compromiso coa democracia? Asumen tamén vostedes, como militantes do Partido Popular, que o apoio a Fraga e ao seu partido foi e é unha maneira de lexitimar corenta anos de ditadura e os crimes do franquismo?

Señores e señoras do Partido Popular: abandonen as cavernas e sitúense dunda vez  na cultura e nas formas da democracia!

Comentarios