Opinión

Sopra o mundo

O pintor recentemente nomeado Vigués Distinguido, deixou a cidade da oliveira e aparcada a mostra dos 50 anos da súa traxectórica plástica que ficou confinada na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), a mesma na que se matriculara e ingresara hai medio século, para regresar momentaneamente á Cañiza, o seu berce e fillo predilecto, con museo propio bautizado co seu nome e igoalmente taller-estudio. 

Neste último encerróuse nos días que nos toca vivir para desconectar da vida urbán, reflexionar e traballar en tempos de pandemia, como o que están a facer moitos outros creadores de aquí e alen do Padornelo.

Diego de Giraldez, en soidade no taller a dialogar consigo mesmo, ollando o que acontece no seu redor ou tal vez unha conversa tamén coa Virxe da Franqueira, a que ten moi perto. Sexa como for, despois das reflexions saiu a luz o que xa está a realizar en diversos materiais, simbolizando o universo ventando o planeta, segundo afirma o creador, "dañoso en primeiro lugar o ser humán, do cual proceden os cambios". O artista cañicense acredita que as persoas introdúcense en hábitats que non lle corresponden, rompendo o equilibrio planetario.

"Sopra  o mundo", titulou a peza escultórica de formato pequeno, no que empregou diversos materiales, poliester e metal, un grito en toda amplitud da palabra desde o encerramento, escultura que pensa incorporar o seu proxecto pictórico cando volvamos a normalidade invitando os espectadores, uns e outros, a reflexión de todo o que nos rodea e acontece.

Comentarios