Opinión

A Solaina de Piloño, un soño feito realidade no medio rural (I)

Con frecuencia asóciase medio rural coas manifestacións artísticas que consume o pobo, en oposición á académica.

En Piloño, unha freguesía en terras de Carbia (Vila de Cruces), non moi lonxe do Encoro de Portodemouros, existiron noutrora afamados artícifes que golpeando no angra forxaron pezas artísticas como "O Labrego", realizado con apeiros de labranza polo ferreiriño de Paxariñas, neto de Andrés Lareo Vaamonde e fillo de Manuel Lareo Vázquez, ambos os dous de oficio traballar no ferro, de quen herdou a paixón pola forxa que acabou por convertela no seu estudio.

Si señor, o inesquecible Paco Lareo acompañado noutrora por autoridades cruceñas, políticas, relixiosas e culturais, uns e outros comprometéndose para converter aquela freguesía nun referente cultural, xa coñecido alén mar. 

Un lugar de encontro, mostrando ós foráneos que nas aldeas tamén teñen cabida para a arte contemporánea e así foi a necenza de A Solaina de Piloño, no ecuador dos anos oitenta, días que o imborrable Paco cruzara o Atlántico desde Venezuela para regresar ó seu niño natal e dar así visibilidade a novos valores e veteranos, mostrando diferentes formas de entender e concibir o vangardismo, nun marco rural sen romper coa atmosfera campesiña.

A Asociación Cultural "O Labrego" e A Solaina Bohemia foron os primeiros abrollos, e unha vez legalizado converteuse o espazo na Fundación Casa Museo de Piloño para dar paso ás Xuntanzas de Artes Internacionais.

Laxeiro deixou escrito no catálogo

“Lalín dende hoxe ten en si o soño máis fermoso dun pobo. Xa non hai quen apague esta luz creadora. Todo o Deza e Trasdeza están vivindo o misterio máis profundo do ser humán. Aquel día que se xuntaron en Piloño uns cantos artistas e dixeron en pedra, ferro, papel e tela unhas cuantas palabras son as que hoxe están aquí na primeira exposición das obras  do Museo A Solaina de Piloño. Alegrámonos todos deste momento”.

Comentarios