Opinión

Serenidade ante o incerto

Fondevila. As vivencias e variantes estécticas  foran marcando a traxectoria do artista de Silleda a través do tempo. Os latexos da súa percepción e sensibilidade, formulando preguntas, achegando ideas e conceptos, convidándonos a reflexións e a transitar polos distintos vieiros da plástica, unha viaxe na que sempre tentou que o concepto do individuo e a sociedade ficara patente nas teas.

Durante o tempo de confinamento pola crisis sanitaria do coronavirus que nos toca vivir, o pintor encerrado no taller de Fiestras, inmerso na creatividade para sair a luz a serenidade  ante a incerteza, nunha tablex de 73 cm x 60 cm en técnica mixta ou mesmo dicir a representación dunha situación de crisis, onde non se divisa un horizonte de saida. Un sentimento de impotencia e a sensación de estar preso nunha rede de textura descoñecida, trastocando a existencia no presente e con certeza condicionará o futuro.

O traballo foi seleccionado para participar no Libro de Ouro dos Mellores Creadores que publica a Biblioteca das Comunidades Europeas.

Fondevila

Comentarios