Opinión

Cantares Trashumantes

Escoitei por primeira vez a voz de Miriam Sandoval acompañada dunha guitarra, nun local do Casco Vello da cidade de Vigo.

Foi  en "O Indio" e dende aqueles días da metade da década dos anos noventa, non perdín de vista a andaina artístíca aquí e alen mar, inclusive cando subía os palcos con Salsa Rosa, orquesta de mulleres, idea daqueloutro músico de Vilanova de Arousa, Paco Charlín, fundador e batería da Orquestra Concorde.

Miriam Sandoval, tivo como berce a cidade de Avellaneda no outro lado do Atlantico, a onde emigraran moitos galegos e igual que seu pai, ela deixou a linaxe para afincarse en Vigo, onde xa leva un cuarto de século entregada a súa paixón, a música, admirada aquí e na outra orela do Atlántico.

Desde menina sempre estivo presente na súa vida a emigración e debe ser iso o que a levou a gravación de "Cantares trashumantes"

!Si, señor!

Un traballo discográfico inspirado nos bardos que tiveron que deixar o seu orixe no século XX e nos poemas musicados, mostra da maneira en que o fenómeno migratorio e vivido dende o punto de partida.  

Do de Celanova, Celso Emilio Ferreiro en Venezuela escolleu, "Eiquí será" / "Samba" ; do ourensán, Eduardo Blanco Amor en Arxentina,"O furto" ; do de Noia, Aviles de Taramancos en Colombia "V"  de " As moradías do  vento"); do coruñés,  Emilio Pita, emigrado a Bos Aires  "Canción de berce para a meniña orfa" e Vidalá , este ultimo ten directamente o nome dun ritmo de Arxentina; Lorenzo Varela, aquel nascera a bordo do vapor "La Navarra", a poucos metros da Habana, no que viaxaban os seus pais procedentes de Monterroso, Lugo, que logo estivo en Mexico, Arxentina e Uruguai, Miriam Sandoval escolleu "Castelao"; de Francisco Luis Bernárdez (Arxentina) "Riba´davia, riba´davia!;  do ilustre escritor, poeta, editor galego e mesmo fundador da editorial "Botella al mar" e outras, Arturo Cuadrado (Arxentina, Urüguay) Soledad imposible; e da admirada e inesquecible ourensana, Pura Vázquez (Venezuela) "II" / De "A idade dos masíos me dobrega". De El Viejo Pancho (Uruguay) La güeya e ainda que Rosalia de Castro, non deixou a terra nai, cantoulle tamén os que se foran, incluiundo no traballo discográfico a de Padrón co poema XIX de Cantares galegos.

Rosalía de Castro que non emigrou nunca, ainda que cantou a emigración,-asenta Sandoval- como mostra da maneira en que o fenómeno migratorio e vivido dende o punto de partida.

 O seu poema é un dos primeiros que musicalizou a autora cando chegou a Galiza hai cinco lustros e parte dos seus versos, son citados por Celso Emilio Ferreiro ao final de "Samba", escrito en Río de Xaneiro no 1968.

Mirian Sandoval, nasceu en Avellaneda (Bos Aires) vive e traballa en Galiza desde1995.

Na terra da maioría dos poetas que lle puxo voz, continuou unha carreira musical que comezara aos once anos na súa Arxentina de nascimento, onde formou parte de  grupos de Musicos de Outubro "La bidú Tango"

En Galicia colaborou en  "Son de Seu, "Virandeira", "Folk" ou "Aphonic".

"Cantares transhumantes" e seu segundo disco, despois de "Renacer", empezouse a xestar no 2016, cando  a instancias  dun amigo, comezou a investigar sobre os poetas galegos, procurando libros nas bibliotecas e facendo maquetas.

Algunhas das cancións, chegounas a estrenar co trio habitual.

Comentarios