Opinión

Unha mágoa, as pestes

Un estudo iconográfico das figuras pertencentes aos baldaquinos da Igrexa San Xulián de Ventosa demostra que a maioría dos mártires representados se relacionan coa protección fronte a peste, de modo que podemos supoñer que foron esculpidas nunha época de máxima preocupación ante esa epidemia.

Se ben é certo que as pestes no Reino de Castela son recorrentes ata o último terzo do século XV, século por antonomasia, non son só en Castela, senón en toda a península e Europa, en xeral foi no século XIV, segundo se refire, Julio Valdeón (1989:99), "o punto álxido das mortaldades alcanzouse nos anos centrais do século XIV, proseguindo, as súas nefastas consecuencias, na segunda metade de dita centuria".

Parece a máis apropiada para esculpir todo o conxunto etnográfico alusivo á peste. A primeira mención da mortaldade xeneralizada no Reino de Castela refírese ao ano 1301, a peor ondada da pestilencia, entre os anos 1348 e 1350.

Existen noticias de novas en 1363-1364,1374,1380,1393 e 1400, cítase unha gran mortaldade no Ferrol.

A segunda metade do século XIV, a máis apropiada para esculpir o conxunto de San Xulián de Ventosa, igualmente alusivo á peste, estando representadas na pedra no templo agoladés, Santa Anastasia, mártir; Santa Catalina, con roda dentada na man esquerda e espada na dereita; Santa Leocadia con palma; Santa Lucia cos ollos nunha vaixela; Santa Ágata, con peana contendo os peitos; conxunto de San Sebastián, composto polo santo con frechas cravadas, atado a unha árbore e dous arqueiros; San Erasmo, con hábito de monxe, bendicindo; San Brais leva a man ao pescozo, protector dos males da gorxa; San Miguel Arcanxo e mesmo San Gregorio, Papa, procedente deste conxunto escultórico, patente no museo de Pontevedra, quen librou a Roma da peste, o protector das mesmas.

Sexa como for, o pintor Xavier Lemos Godoy, meses antes e mesmo coincidindo coa pandemia, estivo inmerso no proxecto plástico "Detrás das pegadas do Mestre Mateo", a través da pintura, proxecto xa na recta final, previsto para unha serie de exposicións ao longo do Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago de Compostela, con mostras xa axendadas en Carrión de los Condes (Palencia); Santo Domingo de Silos, Burgos; León capital e Sahagún, na mesma provincia o mesmo que outras previstas en terras galegas ata chegar a Santiago de Compostela, durante o Xacobeo, un acontecemento igualmente afectado pola pandemia ao pecharse todas as institucións para poder proseguir avanzando co obxectivo de divulgar o patrimonio que atesoura o templo de San Xulián de Ventosa, o mesmo que o inesquecible Xosé Filgueira Valverde bautizara como a “Catedral do Rural de Galicia”. Unha mágoa.

Comentarios