Opinión

Celso Santos, unha institución musical en Pontevedra

Os anos sesenta foron os mais prolíficos en numero de orquestras, conxuntos e Bandas de Música. 

En Galicia, o pais das mil e unha festas, cada pobo ou aldea festexa o seu patrón e chegado o verán con máis intensidade. Unha comisión ou mordomo contrataba as formacións musicales para amenizar os bailes e verbenas do lugar, rivalizando cos pobos limítrofes.

Naquelas datas, durante a celebración dos Carnavales, no triangulo sur galaico e mais concretamente en O Rosal, os veciños de Fornelos e Novás, presentaban durante unha sesión vermut, mesmo diante do Concello cadansua aposta, actuando alternativamente.

A Gran Casino, era unha das formacions mais solicitadas no Baixo Miño, incluso desde aldeas limítrofes as Comisións, deprazabanse a cidade do Lérez ata o Bar Gloria, a poucos metros do Teatro Principal, un referente do gremio dos músicos, para asinar o contrato co director.

O vocalista durante mais dunha década, a dos anos sesenta, Celso Santos, un dos históricos da provincia, incluso chegou a compartillar na  mesma formación palco con María Xesús Romero Brañas, a primeria voz femenina nas orquestras galegas.

Dérase a coñecer en 1959, con Estrellas do Jazz, elenco mais xoven de España. Once compoñentes e o inconfundible mozo vocalista que tivera como berce, o lugar A Devesa, a beira do fogar dos Sotomaior.

E si na Gran Casino, destacaba con cancións de Nino Bravo, en Estrellas do Jazz, con "Granada", mesmo tema que naqueles anos, cantara no Centro Segoviano, na Rua Alburquerque en Madrid, despois Clamores. Como moitos outros aspirantes concursaron en "Salto a la Fama" de TVE, dirixido por Alfredo Marquí Maqueda.

Na traxectoria músical, figura igoalmente o primeiro galardón pola concorrencia  a "Buscando Artistas " de La Voz de Vigo,  co bolero "Arcade de mis amores".

Despois do seu paso pola formación que fundara o inesquecible Anxel Güimil, aqueloutro Cesar Dios "Diosiño", un mito do acordeón, pai da Orquestra Florida, recomendalle montar un conxunto e así foi como sairon a luz "Los Supremos", no Hotel Universo da capital do Lérez.

Manolo "Lapexo", na batería; Joaquín, natural de Marín, nos teclados; Castillo de Redondela, baixista; Manolo Cuevas de Ponteareas , guitarra e Celso Santos, alen da súa inconfundible voz, frauta e tenor.

Unha época dorada para o conxunto que viñan a contratar a Galicia empresarios de Suiza, para actuar en bailes de emigrantes, chegando a compartir Sala con Xulio Iglesias en Xinebra,  non esquecendo aqueloutra actuación que coincidiron con Miguel Rios en Vilagarcía de Arousa.

Celso Santos, casou no ano 1961 en Pontesampaio e nos mesmos días, afincouse na Vila dos Viaductos, onde a beira do Alvedosa, continua dirixíndo a Coral Polifónica Santiago Apostol, dende a fundación no ano 1972.

Noutrora, frauta, subdirector da Banda de Música de Pontevedra, a carón do inesquecible Antonio Moldes titular e hoxendía, desde 1987, Santos batuta titular da Cultural de Arcade, no seu berce natal o abrigo do Balcón da Peneda. 

Un mestre do pentagrama e unha institución musical en Pontevedra. 

Comentarios