Opinión

Un berro, o abandono do campo

Noutros días, fundador dun colectivo pioneiro para espallar e reivindicar a defensa do medio-ambiente, saíu á luz a figura do espantallo. Foi nos primeiros días de maio, para dar un berro na bisbarra do Condado-Paradanta e ecoara nas pedras do Suído e nos muros do Castelo de Vilasobroso.

No pensamento Munch, armando pois, entre outras, con materiais reciclables unha figura gritando, instalada nunha horta coas mans levantadas paralelamente a cheminea monumental do palacio clerical, cometendo o obxectivo nunha veiga da freguesía de San Martiño de Barciademera a poucos metros da Reitoral en terras de Covelo.

Uníronse artistas de aquí e de acolá. Foron chegando desde O Arenteiro ourensán e terras do Pan de Cea, Beade de Vigo ou mesmo do veciño Portugal, aos que se ían sumando os propios habitantes, nas faldras do Suído.

Colectivos de distintas disciplinas doutro extremo da Galiza, puxeron os pes a Ao carón das seis figuras humanas do Mestre Cerviño, alegorías da industria, agricultura, artes e xustiza, para adherirse o pensamento colectivo.

Si, señor, Josefa Deibe e Ánxeles Rodríguez, con táboas no escenario e integrantes dun grupo teatral procedentes do Ferrol "Ti e mais eu teatro" cunha obra no seu maxín, "O Espantallo", así como cartas e chamadas, solicitando que se puidese trasladar a mesma visión a outras comarcas e parroquias de Galicia, entre elas, Lumeares na Ribeira Sacra e municipios pontevedreses de Mos e A Lama.

Aquilo que parecía unha espantada, deixou de selo e moitas aldeas foron tomando conciencia do abandono do rural.

Onde se instala -un espantallo- hai vida.

Non pensaban así alcaldes en terras outrora de trigo, que cualificaran como signo de atraso, cando a falta de progreso é o esquecer as terras cultivo.

Mais os coidadores das hortas foron espallándose polas terras á beira do Camiño de Santiago, e creadores reivindicaron a figura como xa o tiñan feito noutrora os pintores galegos Laxeiro, Arturo Souto, Maruxa Mallo, Julio Tizón, Manuel Facal, Carlos Bóveda, Diego de Giraldez, Manuel Vidal, mesmo aqueles outros alén do Padornelo, Benjamin Palencia, Carlos de Haes, J. Vayreda e moitos máis, como o inesquecible Xosé Neira Vilas con Espantallo Amigo, apoiando a iniciativa que non deixa de ter continuadores. Un exemplo, a do paisano Jesús Lamazares, que recentemente ideou unha instalación con cores vivas para levalos ao medio do millo nos campos de Chantada, no seu paso polo Camiño de Inverno que conduce a Compostela.

Unha sinal de identidade de que hai vida nas aldeas.

Comentarios