Opinión

Bernardino Graña, na Capela Sixtina do Roucos

Os irmans Sirita e Antonio Carrasco, continúan, ela nos fogons él, mesa e mantel na Capela Sixtina, que bautizaran o editor Bieito Ledo de Xunqueira de Espadañedo e o pintor de Amoeiro, Antón Pulido.

Casa Roucos, templo culinario fundado hai moitos anos por Sem, paisano chegado de terras ourensans de Cenlle, acompañado da súa dona Adela de San Amaro, pais de ambolosdous irmáns, establecéndose na rua Santa Marta en Vigo.

Arredor dos fogons de Adela noutrora, un fervedoiro de artistas, escritores, poetas, bohemios, políticos, editores, daquí e dacolá, Antón Lamazares, Guillermo Aymerich, Acisclo Manzano, Vidal Souto, Xavier Lemos, inesquecibles Laxeiro e o seu inseparable home de confianza Antonio Costa, Lodeiro, Conde Corbal,  Paco Lareo, Mantecón, Alfonso Sucasas, Xosé Guillermo, Mario Granell, Xavier Pousa, Antón Taboada "Willy", Carlos Oroza, Celso Emilio Ferreiro e tantos outros expoñentes da palabra e da escrita como Ferrín, Xosé Manuel Ponte, Xerardo Rodríguez, Gustavo Luca de Tena, Bieito Ledo, uns e outros, deixaron na taberna unha forte pegada literaria e artística.

"El pájaro en el nido para Sira", así adicara o pintor de Donramiro, un de varios debuxos que penduran nas paredes do local a carón daqueloutra cabeza de Sem, asinado por Xosé Guillermo, pinturas de Barreiro, Huete, M. Caballero ou pirogravados, onde aparece o autor  de "Longa noite de pedra", mesmo unha carta enmarcada, con sinatura de  Bernardino Graña no 27 de xuño 1990, onde se pode ler "Hai xa varios meses que teño este poemiña de amizade a tertulia do Bar Roucos. Van pasando os días e non pasa as túas mans como debera..."

Xa forma parte da exposición do local

"No Bar Roucos, xunto ó porto/
de Vigo, refuxio de ánimas,/ 
non son roucos nin son ásperos/
os meus amigos que cantan:/ 
Cipriano, Roberto, Fuco,/
Carmiña, Toñito, Sira,/
Marisol, Olga, Os Manolos,/ 
con palitroques, maracas,/ 
guitarras, flautas, ferriños,/ 
entre vasos de tintorro./
Non son ásperos nin roucos,/ 
cantando aquí, no Bar Roucos./
 Son doces como os amores/ 
as harmonías, os gozos".

Isto e moito mais, podía acontecer noutros días na taberna de O Roucos de Santa Marta, a que sigue en pe, non se sabe por canto tempo, pois Convento dos Franciscanos e outras construccións do Barrio do Cura, foron transformados en escombros, para unha nova vida da cidade de Vigo.

Unha magoadura ollar o derribo de templos que atesoran moita historia sexan culinarios ou relixiosos. Ficará, iso sí, a fachada do Asilo, no mirador, perto do Olivo, símbolo da cidade.

Comentarios