Opinión

Anxel Lemos, na lembranza

Cando tiña 14 anos subiu con catro patacóns procedentes da Rondalla ó tren en Redondela na compaña de Ignacio Ramonet, con destino a París. En León apeáronse para visitar museos, non tardando en ser pillados pola policía, mais como eran bos rapaces, voltaron sen escolta e ó chegar a Vila dos Viaductos, todo o pobo agardaba cantando: 

«También tenemos artistas en esta ciudad, en esta ciudad/ 
Que eran turistas/
Y ahora están de vuelta en el miedo».

 Tres anos despois, meteuse nun barco no porto Vigo como polizón rumbo a América. Foi detido en Portugal e de novo tivo que regresar a cidade da oliveira. Reclutado no bando franquista, no inicio da Guerra Civil, en Toledo, logrou pasar ao exército republicano e dos campos da contienda a tres de concentración, dos que logra fuxir nun camión. Viviu escondido durante un tempo ata entregarse en Ferrol, onde estivo preso durante tres anos, ocupándose na orfebrería e talla de madeira, sendo desa época, unha peza da Virxe do Carmo.

 En 1947 realiza en Vigo a primeira exposición en Foto Club e obtén dúas medallas de ouro en certames de grabado e pintura. En 1950, intenta de novo fuxir nun barco, desde a mesma cidade como polizón, logrando nesta ocasión chegar a Bos Aires, non regresando ata a morte de Franco. 

 Establécese en Palma de Mallorca en 1977, traballa para un marchante, realiza unha mostra na Galería 19, a única no arquipélago,  ilustra a historia balear con debuxos a pluma. 

En 1986 fixa residencia en A Estrada. Foi a mediados dos 90 cando o cronista coñece a Ánxel Lemos, no taller do fillo, tamen pintor, Xavier Lemos, en Chapela. Alén de compartir exposicións en diversas salas —BBV, Xentes ou El Rincón dos Artistas—, participa en conversas co tallista Sesé Fernández de Redondela, tertulias na casa da Estrada, ó carón da tamen inesquecible Bibiana e outros locales doa bisbarra do Deza, onde deixara pegada como muralista. 

O último cadro que lle vin pintar foi aquel no que aparecían todos os seus amigos reunidos no Café Xentes na Rúa do Areal, incluido Laxeiro. Anxel Lemos, soñaba ser actor e foi un grande pintor.

Comentarios