Opinión

O terceiro sexo

Á vista está que isto da parella sexual non acaba de funcionar. Aínda que Darwin non se decatase, é un erro biolóxico. Por unha simple regra de tres podemos saber que o número perfecto é o tres,

Xa os druídas, os celtas que nos legaron o trisquel  defendían o nº perfecto, até os primeiros fundadores da UPG que imaxinaban a tres persoas na cúpula do partido. Na Masonería, dito así, sen consecuencia, o Ternario era o usual dos símbolos e necesitábanse tres mestres para fundar unha Loxia. 

Onde queira que vaiamos encontramos o trío:  Os reinos dos seres e as cousas son Animal, Vexetal, Mineral; en gramática, a oración consta de Suxeito, Verbo e Predicado; en música, as claves son Sol, Do e Fa. 

Tres son as Furias e tres son as Parcas. Pero tamén son tres os Reis Magos que alegran ás criaturas por Nadal e tamén son tres os osiños, un conto preferido. 

O mesmo sabio Pitágoras dicía que a ciencia dos números tiña como base das súas operacións o tres

Tanto no simbólico, onde representa a virtude secreta, como en Física, onde os estados naturais son tres: 

Sólido, Liquido e Gaseoso, nunca o número dous foi aceptado. 

Nin sequera na Relixión. O Monoteísmo quedaba obsoleto e puxeron un fillo (non unha muller! coidado que non pode chegar a ese status) Mais entre o pai e o fillo había que encontrar a perfecta harmonía, o amor. Así naceu o terceiro, o Espírito Santo.

Creo que é evidente que a orde sexual é incompleta. Necesítase un Terceiro Sexo que poña harmonía, que impida o poder dun sexo sobre outro. E velaí o Terceiro Sexo que, grazas á señora Merkel, o Consello Alemán de Ética acaba de dar o visto bo e poderá inscribirse no rexistro civil. Pois que ben. So nos queda desexarlle:

 Vini, vidi, vinci.

Comentarios