Opinión

Como ousan falar de igualdade e xustiza?

Quince, 15 negros morreron afogados baixo a presenza da Guarda Civil, disuadidos polo lanzamento de pelotas de goma, cando se afanaban por chegar a un país, o noso, mellor ca o seu. Encheron as cabeceiras dos xornais, saíron reiteradamente as imaxes na TV, incluso investigaron para saberlle os nomes. A día de hoxe, foi tal a presión opositora que retiraron as pelotas de goma pola súa dureza. Cando a oposición se move, algo consegue.

Quince, 15 negros morreron afogados baixo a presenza da Guarda Civil, disuadidos polo lanzamento de pelotas de goma, cando se afanaban por chegar a un país, o noso, mellor ca o seu. Encheron as cabeceiras dos xornais, saíron reiteradamente as imaxes na TV, incluso investigaron para saberlle os nomes. A día de hoxe, foi tal a presión opositora que retiraron as pelotas de goma pola súa dureza. Cando a oposición se move, algo consegue. De entrada, que toda a poboación saiba que non se pode matar impunemente aos negros inmigrantes, que son persoas coma nós.

"15 mulleres asasinadas polo SEU home, na esfera privada, en 54 días, no que vai de ano. Armas: coitelos, lume, puños, patadas, pistolas…Ningunha imaxe da crueldade con que foron masacradas. Nada na TV. Ignoramos os seus nomes"

Coincide no tempo e no número. Quince, 15 mulleres asasinadas polo SEU home, na esfera privada, en 54 días, no que vai de ano. Armas: coitelos, lume, puños, patadas, pistolas…Ningunha imaxe da crueldade con que foron masacradas. Nada na TV. Ignoramos os seus nomes, mesmo se non é necesario investigar para darlle identidade. Son mulleres de, conseguidas polo contrato sexual. 15 mulleres privadas non é igual que 15 negros inmigrantes. Elas so merecen un minuto de silencio.  

A oposición non se alporiza nin reclama. Non chega denunciando isto aos Plenos dos Concellos nin ao Parlamento. Ninguén quere tocar o sistema. Todos mandan no Seu. É un consolo cando é no único que mandan. Unha válvula de escape. Salta con frecuencia. Non pasa nada. Covardía.

Permitan que me ría se falan de igualdade social, de xustiza…Calen! Como ousan prostituír as palabras?

Debería queimárselle a lingua cando as pronuncian.    

Comentarios