Opinión

Un inri

Fíxose inxustiza. Un xuíz ben mantido, en galego, pregoou o veredicto en relación co Desprestige que contaminou as costas galegas, portuguesas e mesmo francesas. Ningún culpable. Todos os implicados limpos como patenas.Ningún político tivo responsabilidades. Sucedeu algo realmente? 

"Aquela praga dramática que toldou os ollos da cidadanía, que nos fixo tanto mal, non existiu. Foi todo un soño"

Un azar, un destino fatal, unha esfinxe, todo puido ser, enviou un barco fantasmal que chegou ás nosas costas. Traía unha carga do demo que ameazaba con fundir o barco, ninguén sabe por que. Un impulso esotérico enviou o barco polo Atlántico, a alta mar. Hai quen viu o mesmo Lucifer no temón, enfociñar o barco facéndolle vomitar toneladas de chapapote no mar, trousando unha pezoñenta pasta nas rías, nas rocas, nas praias de noso. Ninguén sabe como foi. Azarosamente foron afogando os peixes, estragando os paxaros, envelenando a vida toda.

Aquela praga dramática que toldou os ollos da cidadanía, que nos fixo tanto mal, non existiu. Foi todo un soño. Sucedeu sen causa nin causantes. O veredicto xudicial confirma que realmente foron “hilillos de plastilina”.

Indignación é un palabra débil para describir o que sinto e sei que comparto con outras persoas. Para máis inri non hai palabras para describilo. Os risos que imaxino nas bocas de tantos culpables, con ou sen “hilillos”, provocan algo terrible: a desesperanza.
 
Comentarios