Opinión

A FRATERNIDADE de Pepe Cameselle

Dos tres principios ilustrados, o da fraternidade, xurdiría como un lóstrego en A Comuna de París, un momento fulcral da loita popular, unha revolución da que teñen saudade anarquistas, marxistas, socialdemócratas…porque era común, unha igualdade na que un nome de muller, Louise Michel, representou o movemento, na que unha canción de amor, Le temps des cerises, era un símbolo do impulso liberador que volvería cada ano como o tempo das cereixas. A unión. A Internacional. 

"Pepe Cameselle, un sindicalista e amigo, falecido aínda non hai un ano, que foi asimilando a solidariedade desde que entrou a traballar no estaleiro de Barreras aos 14 anos"

Eses principios evocáronse o pasado sábado 22 de marzo en Vigo nunha homenaxe a Pepe Cameselle, un sindicalista e amigo, falecido aínda non hai un ano, que foi asimilando a solidariedade desde que entrou a traballar no estaleiro de Barreras aos 14 anos, como tantos outros rapaces de familias pobres. Barreras era a súa universidade, dixo Manel Fernández, onde se formaban os mellores profesionais do metal. Pero tamén era a escola da corrente fraternal en defensa da vida e o traballo común. Eran tempos de fame, pau e tente teso.  

Daquela, baixo a opresión dun poder tan cruel, cumpría saír á luz, saír por luz a reclamar xustiza. Pepe Cameselle uniu as Comisións obreiras, motivou a igualdade, fixéronse asembleas, grandes manifestacións a comezos dos anos 70, motivando unha resaca de rabia reprimida que rebentaba, aínda que unha avalancha cruel golpea nos lombos, na cabeza, onde cadrar. 

"Coñecín a Cameselle no ano 2007 cando escribín Cólera, un libro que rememora a época. Fíxenlle unha entrevista"

As leiteiras non eran do Porriño, senón as furgonas dos grises que descargaban na comisaría e algúns dos detidos xa tiñan como futuro a lúgubre cadea de Príncipe. Cameselle foi un deles. 

Non o coñecín daquela, pero estiven onda el, e non só por sintonía mental, senón por proximidade física, nas asembleas, no monte, na igrexa dos xesuítas, nas manifestacións. Non traballei no metal, pero crieime escoitando as sereas das fábricas da miña cidade e estiven e estou do lado do metal proletario. Coñecín a Cameselle no ano 2007 cando escribín Cólera, un libro que rememora a época. Fíxenlle unha entrevista, coa factoría de Barreras ao fondo, gravada por Manuel Forcadela para un vídeo. Mal sabíamos que lle quedaban poucos anos de vida. 

Mesmo na noite mais triste/en tempos de servidâo/há sempre alguém que resiste/ há sempre alguém que diz nâo. 

Comentarios