Opinión

Esforzo e tesón

Son varias as características do traballo científico, da tarefa de investigación. Admiro enormemente esa faceta humana de mentes lúcidas, curiosas, si, pero con estudos e coñecementos sen os que o resto dos atributos non chegarían a concretarse, e con horas de esforzo e tesón, sen os que non poderían acadar os obxectivos científicos que se propoñen.  Ao traballo deben engadir, en moitos casos, valentía. Os descubrimentos acostuman a teren detractores que dificultan e retardan o avance da humanidade. 

"A medida que avanza o coñecemento, descenden as crenzas. As persoas crentes están interesadas no que xa saben, nos dogmas que lle transmitiron. As curiosas están empeñadas en descubrir". 

Comentaba o outro día o fanatismo relixioso, sempre en contra do saber. A lucidez científica é contraria á fe, cega, que defenden as relixións. Por iso pretenden manter na ignorancia os pobos. O mellor para que non haxa enganabobos é que non haxa bobos. A medida que avanza o coñecemento, descenden as crenzas. As persoas crentes están interesadas no que xa saben, nos dogmas que lle transmitiron. As curiosas están empeñadas en descubrir. 

Como Jef Boeke, que despois de sete anos de investigación no proxecto, logra ADN artificial nunha célula viva. Pois ben, este proxecto tivo un inimigo que acusaba de erróneos os resultados, e motivou unha investigación. Parece que o coautor do estudo, realizado nunha universidade de Nova York, Yu-Yu Lin apareceu morto no laboratorio a véspera do día da entrega das confirmacións.

"No futuro, que xa é o presente, non imos depender  da natureza, senón da intelixencia e a vontade humana que irá conseguindo seres cada vez máis sans e perfectos".

 “Morte no laboratorio”, podería ser o título da novela negra escrita a partir desta historia, unha máis entre tanto temor e persecución que esperta o desenvolvemento humano.  Mesmo así, o cromosoma sintético xa está aí. 

Xa levan anos intentándoo. John Craig Venter, coñecido como pai do xenoma humano, foi un precursor da vida artificial, hai xa 14 anos. Facilitou que outros clonasen a ovella Dolly, en xullo de 1996. 

Á realidade accédese mediante a selección fundamental (da materia inerte), a selección natural (da materia viva) e a selección artificial (da materia intelixente) ,afirma Jorge Wagensberg. Agora que Darwin foi aceptado pola igrexa católica, o darwinismo está sendo superado pola evolución cultural. No futuro, que xa é o presente, non imos depender  da natureza, senón da intelixencia e a vontade humana que irá conseguindo seres cada vez máis sans e perfectos. As persoas que leron o meu libro Anti Natura, xa coñecen a miña opinión a respecto do naturalismo. Será un tema reiterativo na miña comunicación.

Comentarios