Opinión

A dona da neurona

O día 30 de decembro foi o cabodano do falecemento, en Roma, de Rita Levi-Montalcini, científica famosa e premio Nobel...

O día 30 de decembro foi o cabodano do falecemento, en Roma, de Rita Levi-Montalcini, científica famosa e premio Nobel. 

Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida. 

"Exemplificou coa propia vida a súa teoría, exposta no libro O as na manga, no que afirma que o proceso de reparación neuronal dura sempre e o cerebro non ten por que deteriorarse coa idade".

E dedicoulle 102 anos. Exemplificou coa propia vida a súa teoría, exposta no libro O as na manga, no que afirma que o proceso de reparación neuronal dura sempre, con máis ou menos intensidade e o cerebro non ten por que deteriorarse coa idade. A proba é que podemos aprender cousas novas sendo maiores. Mantén o teu cerebro ilusonado, activo, faino funcionar e nunca dexenerará. 

De familia xudía culta, nai pintora e pai enxeñeiroeléctrico, tivo sempre a teima de conciliar as ciencias e as artes. Herdou a tendencia científica do pai, rexeita o matrimonio e casa cun laboratorio de por vida. 

Ao graduarse e comezar a especialización en neuroloxía, Mussolini impón o fascismo e a persecución dos seus. Obrigada a fuxir e vivir clandestinamente en diversos lugares, leva consigo un laboratorio caseiro onde realiza os seus primeiros achados do sistema nervioso. 

 Cómpre exercer un control sobre o comportamento emotivo para frear os perigos en aumento constante. Vincular a ciencia e a ética. 

Preocúpalle o desequilibrio actual entre as facultades cognitivas, as que dotaron á humanidade de coñecemento do mundo para a consecución dunha vida mellor, e as capacidades emotivas que nos unen co home primitivo. Cómpre exercer un control sobre o comportamento emotivo para frear os perigos en aumento constante. Vincular a ciencia e a ética. 

Defensora da educación das mulleres, observa que:A relixión marxina a muller afastándoa do coñecemento cognitivo. Cómpre proporcionar formación e cultura ás mulleres para que asuman o papel protagonista da xestión do planeta. 

Niso andamos, metaforizando a Sísifo, sen perder o ánimo. Temos a ousadía de saber, como di a Montalcini no último libro que chegou ás librarías, Sapere aude, dixera Kant.

Comentarios