Opinión

Custodia compartida da dependencia

O Tribunal Supremo estableceu a custodia compartida da descendencia da parella como regra. Aducen o interese superior do menor, cando, nunha grande parte dos casos é o interese do maior, do pai que maltratou a nai e as criaturas, ou mesmo dun pai incestuoso.  Unha condena horripilante para a/o menor.

"De teren os homes tanto desexo de compartir o coidado coas mulleres, xusto é que reclamen a custodia das súas nais e pais con eivas e incapacidades".

Motivos rencorosos e económicos que fan pasar as pensións de alimentos a un segundo plano e favorecen a homes en mellor situación crematística, son máis habituais nas reclamacións paternas que o amor desinteresado. Cos pais exemplares, que os hai, non acostuma a haber problemas.

De teren os homes tanto desexo de compartir o coidado coas mulleres, xusto é que reclamen a custodia das súas nais e pais con eivas e incapacidades. Aí quero ver a Gallardón, sentenciando a custodia compartida da dependencia. 

Comentarios