Opinión

Cria corvos

Estes días, un grupo de persoas, asociadas como vítimas do terrorismo, percorren as rúas e aparecen nos media clamando vinganza. Consideran unha aldraxe que o Tribunal europeo obrigue a liberar a presos de Eta cumpridos os anos correspondentes de prisión. Os anos  non son os mesmos aténdose á lei Parot promulgada polo PP para retelos máis tempo en prisión e así compracer o odio das familias das vítimas.

A xustiza é unha necesidade humana básica. Ten un valor político fundamental. 

En épocas arcaicas a xustiza era sinónimo de vinganza. Hoxe, a vinganza considérase inmoral. 

"A condena da delincuencia serve para rexeitar o delito, tanto aos ollos do reo, como da sociedade. Non vale para satisfacer o rancor das achegadas ás vítimas".

Estes días, un grupo de persoas, asociadas como vítimas do terrorismo, percorren as rúas e aparecen nos media clamando vinganza. Consideran unha aldraxe que o Tribunal europeo obrigue a liberar a presos de Eta cumpridos os anos correspondentes de prisión. Os anos  non son os mesmos aténdose á lei Parot promulgada polo PP para retelos máis tempo en prisión e así compracer o odio das familias das vítimas.

A condena da delincuencia serve para rexeitar o delito, tanto aos ollos do reo, como da sociedade. Non vale para satisfacer o rancor das achegadas ás vítimas. As vítimas están mortas. Os mortos deixan viúvas ou orfos, non vítimas. 

O goberno houbo de liberar a unha etarra que levaba 26 anos na cadea. Tempo de sobra para recapacitar, supoñendo que quixera facelo. Non era abondo para unha parente que se laia: “Se sae da cadea, xa non teño consolo!” Un odio comparable ao da asasina. 

"Foron criados polo PP, como vítimas, e asociadas para sacar partido da súa condición. Foi unha xogada política".

Esta furia rancorosa, asociada, ten poder social. Recibiu a condolencia do Rei en persoa e acosou a representantes gobernamentais do PP por traizón. Con razón. Foron criados polo PP, como vítimas, e asociadas para sacar partido da súa condición. Foi unha xogada política. Antes de facela deberon lembrar o dito “cría corvos e sacaranche os ollos.” Velaí

Ulo Rouco Varela e a Conferencia episcopal? Caladiños. Non deben apoiar esa sede de vinganza sen traizoar o seu cristianismo. Cristo non entende de leis e xa os houbese perdoado.

Comentarios