Opinión

Benvida a Michèle Bachelet

É unha gran alegría que volva de novo á presidencia de Chile a que xa fora presidenta do ano 2006 a 20010. Moitos aspectos positivos reúne esta señora, culta, que se expresa en varios idiomas, inglés, alemán, francés, ten a carreira de medicina, con estudos na universidade Humboldt de Berlín. 

É unha gran alegría que volva de novo á presidencia de Chile a que xa fora presidenta do ano 2006 a 20010. 

"Feminista, que ten representado a secretaría da ONU, asociada ao partido socialista desde moi nova, é unha demócrata convencida".

Moitos aspectos positivos reúne esta señora, culta,que se expresa en varios idiomas, inglés, alemán, francés, ten a carreira de medicina, con estudos na universidade Humboldt de Berlín. Na España actual non temos políticos desa altura e asistimos con risos amargos ao ridículo papel que xogan cando nos representan en encontros internacionais.

Pero, sobre todo, é a ideoloxía o que me fai admirar a Michèle Bachelet. Feminista, que ten representado a secretaría da ONU, asociada ao partido socialista desde moi nova, é unha demócrata convencida. O seu pai, compañeiro de Allende, morre na cadea despois do ataque ao presidente.

Michèle e a nai viven na clandestinidade. Son descubertas, detidas pola DINA, os terribles membros da Intelixencia Nacional, que levan un nome que non se corresponde coa súa barbarie. Cos ollos vendados son levadas á tristemente coñecida Villa Grimaldi, onde son torturadas. De alí pasan, igualmente con venda nos ollos, a Cuatro Álamos, outro centro de aillamento e tortura da dictadura.

Por chiripa poden fuxir ao exilio. Regresa e vai colaborar na política do seu país, sendo ministra de Saúde e despois de Defensa, antes de saír elixida presidenta, a primeira de Iberoamérica.

Sei que non é necesario padecer detención e tortura para pedir xusticia e liberdade. Pero aquelas persoas que viviron as dictaduras valoran especialmente as democracias.

"Espero que Michèle Bachelet leve o temón do seu fermoso país, Chile, por unha senda xusta de igualdade social"

Por iso, en Santiago de Chile, un parque pola Paz sitúase nos terreos de Villa Grimaldi, no lugar onde tantas persoas foron torturadas, perderon a vida ou desapareceron. Só mostrando como foi o terror, se pode evitar que volva suceder. Nun muro do parque está escrito o nome de Michèle Bachelet entre milleiros de persoas.

Sabemos que isto aínda non se fixo en España, Non entendo por que valoran a transición española. En realidade non se fixo. Temos un nacional-catolicismo agachado en moitas conciencias, de forma que aflora cando goberna un partido que o facilita. Velaí estamos.
Espero que Michèle Bachelet leve o temón do seu fermoso país, Chile, por unha senda xusta de igualdade social.

Comentarios