Opinión

Homenaxe a Francisco Carballo

Nunha mañá de primavera recén estreada, o pasado sábado 22 de marzo, saimos cara Salamanca un grupo de compañeir@s e amig@s do noso benquerido Francisco Carballo. Hai uns meses mudou de domicilio , por motivos de saúde e aló  fumos xantar con el.

Nunha mañá de primavera recén estreada, o pasado sábado 22 de marzo, saimos cara Salamanca un grupo de compañeir@s e amig@s do noso benquerido Francisco Carballo. Hai uns meses mudou de domicilio , por motivos de saúde e aló  fumos xantar con el.

"Un encontro entre amig@s arredor dun mestre, porque Francisco Carballo  para tod@s nós é iso, unha persoa da que aprendimos e seguemos a aprender moito na vida".

 Estas verbas son para lembrar o carácter máxico deste encontro, un encontro entre amig@s arredor dun mestre, porque Francisco Carballo  para tod@s nós é iso, unha persoa da que aprendimos e seguemos a aprender moito na vida.

 Amais do seu coñecemento sobre o noso pasado, a nosa historia ( non farei mención da súa immensa obra), Francisco foi e é a imaxe viva da coerencia, unha persoa fiel ao seu pensamento e á súa ideoloxía, algo que non é moi común nestes días. 

Tolerante, dende a súa opción relixiosa, aceptou sempre a pluralidade como unha realidade a respetar, dialogante e defensor da convivencia entre as diferencias; neste mundo no que a  globalización opresora intenta esmagar os nacionalismos, dende a súa militancia no nacionalismo, ANPG e BNG, co seu característico espíritu dialogante, que cre na forza da palabra e rexeitando todo tipo de violencia, esixíu respeto para Galiza, o seu pobo, a súa lingua e a súa cultura.

 Como bo mestre, sempre xeneroso, sempre disposto a partillar o seu saber, accedeu  a percorrer os recunchos da contorna de Pontevedra, participando nas Xornadas de Cultura e Patrimonio, organizadas durante os anos do governo bipartito, pola delegación de Cultura de Pontevedra en colaboración coas Asociacións culturais. Un exemplo máis da súa entrega que permitíu, nas diferentes localidades, gozar da clareza do seu discurso a prol da historia de Galiza, esa historia milenaria chea de luces e sombras. Modestamente se preguntaba se aquilo servía de algo, a resposta estaba no interese e no entusiasmo que as súas verbas prendían no público, porque a historia é como un río; nada é máis fermoso que percorrer o curso da auga do vivir de Galiza. (1).O seu estudo riguroso chama á participación, á colaboración e exixe unha resposta activa ás necesidades.

"Un exemplo máis da súa entrega que permitíu, nas diferentes localidades, gozar da clareza do seu discurso a prol da historia de Galiza"

 O seu compromiso co BNG facía que a súa presenza fora unha constante en todos os actos, por iso agora botamos en falta a súa compañía, malia todo, sabemos que segue con nós, por iso quixemos renderlle esta pequena homenaxe. 

 Ao remate do xantar o son da gaita de Bieito Lobariñas e as súas cantigas encheron de emoción as paredes do immenso edificio dos Paúles ,en Alba de Tormes ,e as verbas do noso prezado mestre  deron por rematado este acto adicado a un dos grandes da nosa tribu, que como eles vive co corazón posto nunha Galiza ceibe e independente.

(1) Breve historia de Galiza. Francisco Carballo.  A Nosa Terra.2000(Páx. 7)

Comentarios