Opinión

Fillicidios

A violencia vicaria, da que fala a psicóloga arxentina Sonia Vaccaro, sempre en loita contra a implantación do pin parental, produce milleiros de vítimas. 
Nostri figli, realidade feita “peli”, amosa a vida de tres rapaces e un pai feminicida. Os nenos, debaténdose entre mentiras e dó, viven sen axudas sociais. A partir deste, e outros casos, a loita das feministas arríncalle ao Estado italiano unha lei para protexer estas neneces. 

No Estado español son centos os casos de nenxs (maiormente nenas) asasinadxs polo seu proxenitor ou padrasto como vinganza. Os feminicidas aprenderon que é moito máis efectivo que matar as mulleres asasinar as crianzas. Elas non vivirán en paz no resto das súas vidas. 

Que leva a un home a matar o seu propio fillo ou filla? Que ocorre nesas cabezas para queimar os nenxs ou cortalos cunha radial? Son cousas tan escuras da natureza humana, que non revelaremos nestes poucos caracteres.

Agora, cando aínda esta fresca a historia de Juana Rivas, os seus fillos maltratados  polo pai e voltos a maltratar pola lexislación italiana (e a nai condenada a varios anos de cárcere por defendelos), preguntámonos que fan os Estado polas mulleres, e as crianzas que sofren violencia vicaria.

Martina, a irmá de Ana Gómez, de Becerreá, asasinada pola súa parella en 2016,  fíxose cargo dos seus sobriños; uns adolescentes cunha chea de atrancos devidos do feminicidio da nai, sen axuda ningunha do Estado. Incomprensíbel.

Hai centos de historias. Unha desgraza evitábel tras outra. En Canarias, un “pai” acaba de secuestrar as súas fillas: Anna e Olivia. Canto máis imos aturar?

Comentarios