Opinión

Ética

Dicía nun artigo Esther Palomera (a periodista adxunta á dirección do xornal eldiario.es) que é de primeiro de Periodismo, o básico e inicial da profesión, saber que apropiarse dunha case que confesión que fai a/o entrevistadx na relación de confianza que estabelece cun xornalista, os chamados off the record (a micrófono pechado), é “unha indignidade”. E se esa indignidade nin sequera é parte do material do teu propio xornal, ou sexa que é roubado a outro medio, a falta de ética é aínda maior.

Se obtés de fontes confidenciais, extraoficialmente, ou se a/o entrevistadx se relaxa e di cousas que non quere que sexan publicadas, a ética xornalística impón esquecer por completo ese testemuño. O exercicio do xornalismo baséase nun contrato tácito entre a/o xornalista, o seu medio, xs lectorxs e as fontes. E debe ser respectado.

Por iso cando alguén non o fai e utiliza información que non lle pertencía e que lle está vedado publicar como arma partidaria (que non política, a política, neocons e fachas de pacotilla, é outra cousa) para intentar derrubar un goberno elixido democraticamente e, sobre todo, denigrar a imaxe das mulleres na política e na vida, pásanse todos os límites da ética, da vergoña, da dignidade e do que a xente de ben considera e defende coma patrimonio común.

Non foi a Ministra de Igualdade, Irene Montero, a que fallou. Ela non dixo a micrófono pechado nada que non soubésemos, e que por obra e graza dxs antiéticxs foi publicado. A falla ética veu de onde veñen sempre as puñaladas trapeiras, das cloacas. Onde non chega a luz nin a ética.

Comentarios