Opinión

Disfraces

A discusión en ton elevado de voz deu a alerta dun posíbel caso de violencia machista. Un matrimonio mantiña ao aire libre, na súa terraza, en Majadahonda, unha pelexa que provocou que uns mozos, preto da vivenda, ao oíren o escándalo chamasen á policía que seguiu o protocolo.

Até aquí, algo de todos os días, ou dun día si e outro tamén. A sorpresa produciuse cando se soubo que o detido era xuíz. Non un calquera. O maxistrado do Tribunal Constitucional Fernando Valdés, avalado polos seus colegas xuíces, xa que, ademais, é coñecido por defender a igualdade de xénero no plano xurídico (gha, gha e gha).

A muller non formulou denuncia, levan máis de 50 anos xuntos, di que non houbo violencia, só unha liorta subida de ton (gha, gha e gha).

Non sufrades, xa foi liberado: ten 75 anos, risco fronte ao covid, non hai denuncias, e, o máis interesante, está aforado. Cantas elevacións da voz, por poñer un exemplo, das épocas nas que a xente facía vista cega e oídos xordos, terían lugar nesa terraza...!

Porque, perdoade, mais non creo que un home respectuoso e amábel se volvese un cafre coa idade. Vai ser que non... Vai ser que os disfraces tapan os verdadeiros personaxes e os perfumes caros minguan o cheiro a podremia.

Coma a do especialista en violencia de xénero Miguel Alonso Belza, que representou á familia da vítima de feminicidio Nagore Laffage, tamén defensor de oficio de Violencia contra a Muller de Gipuzkoa, agora condenado a 7 anos de prisión por violencia de xénero. Delitos de lesións, coaccións, malos tratos habituais: feitos probados fóra dos disfraces.

Comentarios