Opinión

Traballar, mellorar, convencer

Cando de novo xoguei a Rugby, o primeiro que me ensinaron é saber perder e, sobre todo, saber gañar.

Cando de novo xoguei a Rugby, o primeiro que me ensinaron é saber perder e, sobre todo, saber gañar. E iso que no deporte chaman “faire-play”, e que procuro, e non sei se consigo, aplicar en outros ámbitos da vida. Entre eles a política. Aínda que doan os resultados, a vida sigue. Traballar, mellorar, convencer. 

Analizando os resultados, que a poucos sorprenderán aínda que a máis dun decepcionarán, e felicitando a quen sacou mellores resultados ca min, é dicir case todos, podo tirar algunhas conclusións que, espero, sirvan para tirar algunhas conclusións que poidan servir de base para traballar, mellorar, convencer.

"Unha asemblea de 50 pode modificar os resultados de votación de 1.500 cidadáns que participan en primarias"

Primeira conclusión: Triunfou o asemblearismo? No meu entender o asemblearismo ficou derrotado pelo centralismo democrático. E se crítico fun no seu momento co asemblearismo, tamén o seu co centralismo democrático. E sendo crítico con el, non me molesta que quen si acredita en el o aplique. O que me molesta é que se fale de consultar ás bases, de abrirse á cidadanía. Mais cando os resultados non convencen. 

Unha asemblea de 50 pode modificar os resultados de votación de 1.500 cidadáns que participan en primarias (Os números son un exemplo. O feito, real. Primarias de Ourense Común para elixir candidato á alcaldía). Nas pasadas municipais, alí onde o se obviou o asemblearismo e pactou as listas, os resultados foron moito mellores: Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña,... Respecto dos resultados do 20D. As Mares, pactaron as candidaturas e, nada que obxectar.

Segunda conclusión. Morreu a Social Democracia? Espero que non. Outra cousa é que dende hai tempo, o PSOE renunciase a eses principios por pragmatismo de goberno. Por certo, polo que eu sei Keynes, considerado un dos ideólogos no estado do benestar que defende a socialdemocracia, non militou no Partido Laborista e si no Liberal.

"O que me pregunto é se socioloxicamente, laboralmente, economicamente,... a maioría dos ideólogos, militantes, votantes de Nós, Mares, Podemos, ... os podemos situar nese espectro do mundo proletario"

Terceira conclusión. Que é esa cousa que chamamos esquerda?. Hai na maioría do nacionalismo galego unha obsesión por ser de esquerda. No caso de CxG, case enfermiza. Mais teño a sensación que hai unha confusión de reducir ser de esquerdas con ser proletario. O discurso ao mellor caia ben no franquismo e primeiros anos da transición. O que me pregunto é se socioloxicamente, laboralmente, economicamente,... a maioría dos ideólogos, militantes, votantes de Nós, Mares, Podemos, ... os podemos situar nese espectro do mundo proletario ou nunha esquerda burguesa, liberal, ilustrada, decente.

Cuarta conclusión. Só Nós representa o nacionalismo e o amor a Galiza?. Con certeza que non. E quizais un dos fallos do nacionalismo galego nos últimos 25 anos foi identificar nacionalismo=BNG. E conste que a culpa non é do BNG, aló menos en exclusiva. A culpa é basicamente doutros que, como no meu caso, non fomos quen de construír un espazo nacionalista alén do BNG e que durante moitos anos vivimos comodamente baixo o seu refaixo até que nos decatamos que afogaba. E cando nos decatamos, xa foi tarde. En parte porque deixamos que parte do sentimento de galeguidade o monopolizara iso de “galego coma ti”. Espero que cando se constitúan as Cortes haxa amplitude de miras para permitir a constitución dun Grupo Parlamentario Galego. E incluso que nese grupo se poidan integrar outros deputados procedentes das outras formacións se, chegado o momento, consideran que o trato recibido por Galiza merece unha acción común.

Quinta conclusión. Ten futuro Galiza como nación e o nacionalismo? E porque non. Mais para iso é necesario traballar, mellorar, convencer,...

Comentarios