Opinión

A respecto dunha “pitada”

Gregory Lee Johnson foi condenado a un ano de cárcere e a 2.000 dólares de multa por  queimar unha bandeira nunha manifestación Gregory Lee Johnson foi condenado a un ano de cárcere e a 2.000 dólares de multa por  queimar unha bandeira nunha manifestación antinuclear en 1984. 

Gregory Lee Johnson foi condenado a un ano de cárcere e a 2.000 dólares de multa por  queimar unha bandeira nunha manifestación antinuclear en 1984. En 1989 o Tribunal Supremo dos EEUU despenaliza o acto por cinco votos (dous deles próximos ao Presidente Ronald Reagan) contra catro. En 1990 o Senado dos EEUU rexeita, co apoio dalgún senador republicano, reformar a Constitución para que queimar a bandeira dos EEUU fose delito. En 2006 reafirma esta decisión.

"O estado español ten problemas máis graves que afrontar e que resolver que unha “asubiada”, por monumental que esta fose". 

O argumento base no que se fundamentan é que o goberno non pode prohibir a liberdade de expresión polo simple feito de non estar conforme cunha mensaxe que se manifesta de forma pacífica. Por favor, que os admiradores do “American way of life”, _do seu capitalismo salvaxe e do seu gusto polas políticas neoliberais _, tomen nota. 

Un 17 de outubro de 1931 Al Capone é declarado culpábel de 5 cargos (foi acusado de 23) por evasión de impostos, e condenado a 11 anos dos que cumpriu uns 8 (foi liberado por enfermidade en 1939, morre en 1947). Tamén poden tomar nota.

Particularmente, gustaría que neste estado houbera as condicións de convivencia necesarias para que se respectasen todas as sensibilidades. A galega tamén. Mais, recoñezan: o estado español ten problemas máis graves que afrontar e que resolver que unha “asubiada”, por monumental que esta fose. 

Comentarios