Opinión

De poetas, políticos e historiadores. De ensinantes tamén

Non sei onde é que lin ou tal vez mo contaron, que para o caso o mesmo ten, que os poetas soñan os países, os políticos os deseñan e os historiadores os xustifican.

Non serei eu quen cuestione os poetas. Moito menos, e coa que está a caer, os políticos. Dos historiadores, por iso do apoio gremial, nin falar.

Non sei onde é que lin ou tal vez mo contaron, que para o caso o mesmo ten, que os poetas soñan os países, os políticos os deseñan e os historiadores os xustifican.

"Non son eu quen de afirmar que o De Amicis tiña esa intención,  mais se a tiña eu o ficharía como o “Messi” ou “Cristiano Ronaldo” forxador, nas crianzas, da conciencia nacional".

Non serei eu quen cuestione os poetas. Moito menos, e coa que está a caer, os políticos. Dos historiadores, por iso do apoio gremial, nin falar.

E se a ese país soñado polos poetas, deseñado polos políticos e xustificado polos historiadores, engadimos a máxima de que “nenos e tolos din sempre a verdade e por iso inventaron escolas e manicomios” (Percih dixit), o resultado pode ser... Maxinen vostedes o que quixer.

Os da miña idade, e os máis vellos aínda máis, lembraran ese grandísimo “best sellers” que foi Cuore do italiano Edmundo de Amicis, publicado en 1886 e que aos dous meses da súa publicación acadara 41 edicións. Libro que durante moito tempo foi exemplo para formar patriotas. E non son eu quen de afirmar que o De Amicis tiña esa intención,  mais se a tiña eu o ficharía como o “Messi” ou “Cristiano Ronaldo” forxador, nas crianzas, da conciencia nacional. Os algo máis novos ca min (calculen a idade) saiban que “O noso amigo Marco”, _ o que ía na procura da súa nai na compaña do mono Amelio_, é un dos contos patrióticos recollidos en Cuore. (Pode ser descargado sen ánimo de lucro en http://www.biblioteca.org.ar/libros/1140505.pdf)

"Ven isto a colación pola importancia que a literatura infantil e xuvenil ten na formación do sentimento identitario".

Ven isto a colación pola importancia que a literatura infantil e xuvenil ten na formación do sentimento identitario. E se puxen un libro como exemplo de eficacia e eficiencia na recen constituída nación italiana, na construción da nosa realidade patria non deberiamos obviar exemplos que no XIX e XX mostraron ser eficaces.

Poetas referenciais temos. Tamén poetas novos, coñecedores da nosa realidade. Se da política falamos, para gustos ... Nos eidos de Clio..., até escolas dispares há para escoller. E para amosar a nosa realidade ás crianzas recorrendo á literatura infantil, contos nos que consolidar a realidade identitaria... Dende Tres contos marabillosos, _recompilación de tres relatos para nenos cos que Vicente Risco inaugurou a literatura infantil galega e que hoxe seguen a espertar a súa fantasía_, até obras como Os dous de sempre ou Memorias dun neno labrego, son exemplos singulares para non precisar de nos achegar aos máis novos. Falla, tal e como acontecería no XIX, que o discurso escolar tiver coherencia plena no obxectivo de concienciar país. Mais para iso, a escola é fundamental. E non me estou a referir á escola como ente administrativo, que tamén. Estou a ter saudades daqueles mestres que, alén do estritamente estabelecido, deseñaban estratexias para formar alumnos críticos, con conciencia de país e orgullo de seu. 

Comentarios