Opinión

Poemagosto

Grazas ao traballo teimudo de Carlos Da Aira, ao seu entusiasmo xeneroso.


Grazas ao traballo teimudo de Carlos Da Aira, ao seu entusiasmo xeneroso. O del e o de todas/os participantes no II Poemagosto, gozaremos en Allariz dunha xornada singular na que a palabra e a música, envolvendo o convívio amigábel de quen participa dende a outra beira do escenario, contribuirán a facer país. Como dende os tempos inmemoriais fan os bardos. Xa Aristóteles afirmaba que a Poesía era superior á Historia. Mais iso son cousas do tal Aristóteles coas que un simple historiador non vai perder o tempo en discutir.

Xa Aristóteles afirmaba que a Poesía era superior á Historia

O certo, e isto si que é Historia, que un ano máis, xa van dous, e agardemos que sexa só o segundo dunha prolongada secuencia intemporal, a forza da poética petará nos nosos corazóns cun chamado a ser nós. A reflexionar sobre o que somos. Verbas que reflicten valores universais que nos aproximan ao resto da humanidade sen negar quen somos e reafirmando o que somos.

Algo aparentemente simples. Mais sen o traballo previo de quen deseña esta actividade, dificilmente nos achegariamos dende a nosa individualidade a partillar un sentimento colectivo. Galiza.

Comentarios