Opinión

LOMCE. Adeus ás Ciencias Sociais

“El estudio de las grandes personalidades históricas se ha visto reemplazado por un análisis de estructuras tratado bajo la óptica metodológica, no de la Historia, sino de las Ciencias Sociales”, (Discurso de Esperanza Aguirre na Real Academia de la Historia o 10-X-1996). 


“El estudio de las grandes personalidades históricas se ha visto reemplazado por un análisis de estructuras tratado bajo la óptica metodológica, no de la Historia, sino de las Ciencias Sociales”, (Discurso de Esperanza Aguirre na Real Academia de la Historia o 10-X-1996). 

"A Historia, unha das ferramentas que contribúen á comprensión e análise do presente"

Toda unha declaración de principios. Para moitos as CCSS é simplemente Xeografía e Historia, algo de Historia de Arte. Para algúns, economía, antropoloxía, socioloxía. Mais o certo é que as CCSS, conceptualmente, metodoloxicamente, epistemoloxicamente e, recoñezamos, ideoloxicamente non é Xeografía e Historia. As CCSS non se limitan ao estudo do pasado. Mais ben, abordan, deben abordar, as problemáticas do presente. Entendo que a súa función no conxunto de disciplinas que conforman, conformaban, o ensino secundario debía ser a de formar ás/aos estudantes na comprensión do mundo no que viven. E a Historia, unha das ferramentas que contribúen á comprensión e análise do presente. Non tanto polas leccións que se poden sacar do pasado, - se é que esa é a finalidade da Historia (o que dubido e cuestiono) -, e si polas destrezas que o alumnado adquire ao aplicar a multicausalidade na análise de sucesos xa acontecidos e que lle son distantes.

Destreza fundamental para tomar decisións presentes, que son as que coma cidadáns nos afectan e temos que resolver no noso día a día. Noutro día falaremos do rol que se lle outorga á Historia e da estrutura dun Curriculum pechado, no que a liberdade de cátedra fica reducida (e esperemos que si) á mera interpretación dos feitos e sucesos históricos ao negar ao docente a posibilidade de adaptar a estrutura dos contidos á realidade docente. Un retroceso.

"Non é o mesmo que o obxectivo da disciplina de Historia sexa coñecer o pasado, para comprender o presente e deseñar o futuro, a que a Historia sexa unha disciplina na que se aprenda a traballar a multicausalidade"

Hai quen considera, incluso entre docentes, que iso do Ideario de Centro é algo que só afecta aos colexios privados, nomeadamente relixiosos. Mais os centros públicos, a gran maioría no conxunto do Estado, temos tamén un Ideario, e este fica recollido na lexislación educativa.

Se as probas de acceso, reválidas, reforzos, apoios e reforzos educativos, axudas, bolsas e demais medidas de carácter social permiten universalizar o ensino ou facer deste un instrumento de segregación social, os contidos a académicos e o rol que se outorga ás disciplinas, tamén teñen a súa relevancia. Non é o mesmo que o obxectivo da disciplina de Historia sexa coñecer o pasado, para comprender o presente e deseñar o futuro (A Historia convertida en Oráculo de Delfos e o historiador en pitonisa), a que a Historia sexa unha disciplina na que se aprenda a traballar a multicausalidade.
Durante moito tempo, na práctica nunca se impartiu CCSS. Mais mantíñase a denominación, coa esperanza de que nun futuro.... Mais o futuro semella pasado. En fin, o que Esperanza Aguirre non conseguiu sendo ministra, Wert, ás caladas, ... 

Comentarios