Opinión

Para o Irmán Manuel María

Véspera da decisión da R.A.G., descartada a candidatura das “Irmandades da Fala” comentabamos a importancia das “Irmandades” como esforzo colectivo para reivindicarnos como galegos e construír país dende a pluralidade, con Galiza sempre presente e as complexas problemáticas do territorio e os seus habitantes como facho das súas preocupacións na modernización  dunha nación que, aínda hoxe, tanto precisa de nós. Non sei se fillos ou cidadáns. Mais se o cidadán é o fillo emancipado, que non aconteza o que no conto da Velliña vella, no que os fillos emancipados dan as costas á nai, xa vella, como a nosa Terra.

O pasado 3 de xullo, na presentación dun libro de Xosé Canella en Allariz, tivemos a sorte de compartir xornada con Miro Casabella, Mini e Mero. Compartir xornada e lembrar a Manuel María, sempre presente nas voces cálidas e no corazón xeneroso de Mini e Mero, que non é a primeira (esperemos que tampouco a última) que nos visitan na Fundación Vicente Risco, con Manuel María sempre presente.

"Lembro un recital de Mini e Mero, e unha persoa que sabía de memoria todos os temas que eles interpretaban ficou admirada cando alí soubo que as cancións que dende nena cantaba eran poemas de Manuel María". 

Véspera da decisión da R.A.G., descartada a candidatura das “Irmandades da Fala” comentabamos a importancia das “Irmandades” como esforzo colectivo para reivindicarnos como galegos e construír país dende a pluralidade, con Galiza sempre presente e as complexas problemáticas do territorio e os seus habitantes como facho das súas preocupacións na modernización  dunha nación que, aínda hoxe, tanto precisa de nós. Non sei se fillos ou cidadáns. Mais se o cidadán é o fillo emancipado, que non aconteza o que no conto da Velliña vella, no que os fillos emancipados dan as costas á nai, xa vella, como a nosa Terra.

E a poesía, simple e profunda, de Manuel, cantada en melodías populares que confunden a creación do poeta co pobo que dende tempos inmemoriais ocupa esta Terra, son unha mostra de amor para coa nai. Tanto, que o pobo os fixo del. Lembro un recital de Mini e Mero, e unha persoa que sabía de memoria todos os temas que eles interpretaban ficou admirada cando alí soubo que as cancións que dende nena cantaba eran poemas de Manuel María. 

"A Fundación que leva seu nome, consciente da importancia que as “Irmandades da Fala” teñen na formación do pensamento do poeta, acorda vincular as “Irmandades” aos actos das Letras Galegas no 2016"

Manuel María fillo de Galiza e herdeiro dunha tradición política e cultural, case sempre fundidas (que non confundidas), que se remonta aos tempos da revolución do 1846, cando os Provincialistas denunciaban que as políticas deseñadas en España polos liberais xacobinos estaban a producir o atraso e ruína da Galiza. Provincialismo, Rexurdimento, Irmandades da Fala, Xeración Nós, Seminario de Estudos Galegos. Nomes da dimensión universal de Faraldo, Terrazo, Curros, Pondal, Rosalía, Lamas, Losada, Otero, Risco, Castelao, Cuevillas, Vilar Ponte, Fernández del Riego, Carvalho, ... unha pequena mostra dun elenco de homes e mulleres, aos que sumar a gran maioría de anónimos, que dende a diversidade tiveron Galiza no cerne do seu ser.
Manuel herdeiro desta tradición contribúe como mellor sabe a engrandecer a Terra. E a Fundación que leva seu nome e custodia o seu legado, material e espiritual, consciente da importancia que as “Irmandades da Fala” teñen na formación do pensamento do poeta, acorda vincular as “Irmandades” aos actos das Letras Galegas no 2016. Soamente podo dicir, obrigado. 

Comentarios