Opinión

Infraestructuras: exceso ou déficit?

Un dos debates tipo “mea culpa” que trouxo a crise é  a cuestión das infraestruturas que, concello tras concello, invaden a nosa xeografía sen ser quen de articular ao territorio, propio de políticas localistas do tipo “eu tamén” auspiciadas por políticos de corte xacobino, como Paco Vázquez ou Abel Caballero, para quen a visión de país confúndese co estado, e a nación á que primeiramente afecta as súas políticas non existe, pois nin sequera teñen visión de rexión.

Un dos debates tipo “mea culpa” que trouxo a crise é  a cuestión das infraestruturas que, concello tras concello, invaden a nosa xeografía sen ser quen de articular ao territorio, propio de políticas localistas do tipo “eu tamén” auspiciadas por políticos de corte xacobino, como Paco Vázquez ou Abel Caballero, para quen a visión de país confúndese co estado, e a nación á que primeiramente afecta as súas políticas non existe, pois nin sequera teñen visión de rexión. Para estes políticos, de todos tamaños (os seus municipios) e cores hai, somentes hai un principio: “primeiro eu, logo eu e sempre eu”.

E esta política de “todo para min” ou de “non vou ser menos que o meu veciño”, deu lugar a numerosos investimentos de infraestruturas de todo tipo, dende culturais a deportivas, dende industriais a administrativas que, a propia falta de perspectiva inviavilizou as máis delas dende intre da súa planificación.

"Déficit  de infraestruturas? Mais ben o contrario, un exceso inxustificábel. E, de memoria, fixo un rápido percorrido polas piscinas ao aire libre en concellos onde só hai vellos e temperaturas no inverno que baixan dos 0º centígrados".

Hai anos, nun debate sobre o rural galego, un dos participantes queixábase da precariedade de infraestruturas no noso rural. E, con certeza absoluta de que o poñente tiña razón. Mais esqueceu especificar que el se refería a aquelas infraestruturas imprescindíbeis para o noso desenvolvemento. E cando todos estabamos asentindo, Xerardo Pereiro, antropólogo e enorme coñecedor da nosa realidade e docente en diversos polos da universidade portuguesa UTAD (case un precursor deses mozos que teñen que procurar a vida alén da terra que aman e que os formou) deu a voz de alarma. Déficit  de infraestruturas? Mais ben o contrario, un exceso inxustificábel. E, de memoria, fixo un rápido percorrido polas piscinas ao aire libre en concellos onde só hai vellos e temperaturas no inverno que baixan dos 0º centígrados. Pavillóns polideportivos en lugares nos que non hai mocidade nin para un equipo de futbol sala, menos mal que no verán e outras festas enchen as pistas coa degustación de calquera variedade gastronómica local transformada en reclamo turístico. Centros de interpretación de non sei que. E así, un longo listado de disparates. Centros comerciais en toda cidade e vila, e que, despois de afundir ao comercio local, pecha por non ser sustentábel. De diñeiro investido na gloria de non se sabe que, nin de quen. 

Hai anos, o amigo António de Sousa e Silva, na altura verador en Chaves, recibiu a crítica dalgún votante por liderar proxectos que, en gran medida, beneficiaba a concellos veciños, algún galego por certo. E ante as críticas, António respostou, se eles nada teñen terán que emigrar, e se eles emigran vostede terá que pechar o seu negocio. Mudaron as câmaras e as políticas. E aplicaron iso de “todo para min”, e o resultado, por desgraza, deu razón ao António.

Comentarios