Opinión

Do leite e de ser nós

A defensa que do sector lácteo se está a realizar no país, nomeadamente en Lugo e Santiago de Compostela como centros neurálxicos da reivindicación a prol dun dos nosos principais sectores produtivos, ven a pór de manifesto a necesidade imperante de que dende Galiza se deseñen e adopten a medidas económicas precisas para crear riqueza. Unha necesidade evidente se queremos seguir existindo como país.

A defensa que do sector lácteo se está a realizar no país, nomeadamente en Lugo e Santiago de Compostela como centros neurálxicos da reivindicación a prol dun dos nosos principais sectores produtivos, ven a pór de manifesto a necesidade imperante de que dende Galiza se deseñen e adopten a medidas económicas precisas para crear riqueza. Unha necesidade evidente se queremos seguir existindo como país.

"A defensa que do sector lácteo se está a realizar no país ven a pór de manifesto a necesidade imperante de que dende Galiza se deseñen e adopten a medidas económicas precisas para crear riqueza".

Un amigo, hoxe Presidente da Câmara nun concello do rural do interior de Portugal, comentaba hai anos, _ antes de que asomara a crise e todo era farturas e brincadeiras _,  que os subsidios comunitarios traerían a pobreza a Portugal. A troques de esmola, había unha renuncia a producir e a terra era abandonada, e canto máis abandona era a terra máis pobre ficaba o país.

E no caso do lácteo, non só iso, senón que aquel que apostou mercou dereitos de cota, modernizou as súas explotacións, ... E sendo empresario ficou convertido nun asalariado mal pago dun sector industrial que, coa complicidade da administración galega, pasou depender de intereses empresarias alleos para os que, agás as honrosas excepcións deses que sempre están, o país e o seu futuro vale o que valen os beneficios no rendemento do capital.

"A economía e o noso benestar non son alleos aos centros de decisión política"

En pleno debate da necesidade dun grupo parlamentar propio, sen dependencias alleas e co centro de decisión no país e nas súas xentes, a crise do lácteo, ao que podemos engadir unha longa ringleira de exemplos: naval, pesca, marisqueo, forestal, servizos públicos, ..., poñen de manifesto que a economía e o noso benestar non son alleos aos centros de decisión política.

Os vindeiros días son fundamentais para artellar que é o que queremos ser, e espero que aqueles cuxa capacidade de decidir é chave neste proceso lembren o lema de El Porvenir : TODO PARA GALICIA e teñan presente o que xa en 1846 denunciaba Antolín Faraldo: “Galicia, arrastrando hasta aquí una existencia oprobiosa, convertida en una verdadera colonia de la corte, va á levantarse de su humillación y abatimiento.” Así sexa.
 

Comentarios