Opinión

A dimensión universal de João de Araújo Correia

O pasado 16 de maio, grazas ás amigas Helena Gil e Hercília Agarez, da “Tertúlia Araújo Correia” tivemos a oportunidade de nós achegar a este autor duriense, descoñecido na Galiza, a pesares de ser un dos intelectuais portugueses que máis se preocupou e divulgou o traballo realizado polos galegos, maiormente de terras da Ribeira Sacra, que na altura do 1756, cando o marqués de Pombal impulsa a fundación da “Companhia Geral da Agricultura das Vinhas do Alto Douro”. 

Para Araújo Correia, os galegos, coa súa teimosía, humildade e honradez, son en boa medida responsábeis de moldear a terra no Douro viñateiro e convertela en Patrimonio da Humanidade. E a simpatía e aprecio para cos naturais de alén Miño trasládase á Terra nai, a Galiza.

"Amor á Terra, _ á súa e a todas _, á natureza, amor aos pobos que nela vive, a vindicación da harmonía que debe guiar o diálogo dos homes coa natureza. Son algunha das características da súa obra"

Amor á Terra, _ á súa e a todas _, á natureza, amor aos pobos que nela vive, a vindicación da harmonía que debe guiar o diálogo dos homes coa natureza. Son algunha das características da súa obra (e da súa praxe) que atopamos en non poucos dos seus contemporáneos galegos. Amor pola Terra e polo pobo que nela vive e traballa son características fundamentais dos homes que na década dos 20 do pasado XX pensaron e construíron a Galiza moderna. A mesma que, sen reparar nese xeneroso esforzo, hoxe habitamos e, penso, non respectamos.

No fin dos seus días, preguntaron a João de Araújo Correia se era un escritor rexionalista. Respostou que non, que el era un escritor rexional. E reparemos no significado que ten nun Portugal no que a identificación estado-nación é maioritaria. Se escritor rexional, implicado en e coa súa Terra, supón dar valor universal aos valores das xentes que nela moran. O amor, o sufrimento, a ira, a xustiza, a xenerosidade, a liberdade, ... Valores universais que nos caracterizan como homes e mulleres, e non por ser de aquí ou de acolá. Tamén iso souberon ver Losada, Risco, Castelao, Otero, Cuevillas. Para ser home/muller non é preciso renunciar ao eu.

Comentarios