Opinión

E da unidade nacional?

Dende os resultados electorais do recen pasado 24-M queda demostrado que o da “unidade popular” funciona. Agora cómpre agardar que a Política que se aplique alí onde se goberne, sexa Política e non políticas. 

Dende os resultados electorais do recen pasado 24-M queda demostrado que o da “unidade popular” funciona. Agora cómpre agardar que a Política que se aplique alí onde se goberne, sexa Política e non políticas. 

"Tendo en conta que o peso demográfico outorga a Galiza só 23 deputados no Congreso, _  a Barcelona correspóndenlle 31 e a Madrid 36 _, é fundamental que a presenza galega nas Cortes sexa o máis decisiva" 

Agardamos que os resultados electorais propicien un proceso de  rexeneración política que é de esperar teña continuidade nas vindeiras eleccións xerais, que moitos, antes xa da convocatoria das municipais, vían en clave constituínte coa esperanza que se aborde un novo deseño da estrutura territorial e política do estado. E neste senso, sen obviar a importancia que as políticas sociais teñen para o conxunto da cidadanía a nivel individual, non debemos esquecer a cuestión nacional. E non só en clave identitaria, que tamén, senón en clave económica. A posibilidade de articular medidas que permitan a galegas e galegos ser quen de decidir sobre aspectos clave da nosa economía.

Tendo en conta que o peso demográfico outorga a Galiza só 23 deputados no Congreso, _  a Barcelona correspóndenlle 31 e a Madrid 36 _, é fundamental que a presenza galega nas Cortes sexa o máis decisiva posíbel, polo que habería que comezar dende xa a deseñar hipóteses de traballo para confluír en candidaturas de país, partindo da base de que a calidade de vida de galegas e galegos está fortemente condicionada pola posibilidade de ser donos de seu.

"Non deberían existir grandes dificultades, agás egos e personalismos, en construír un proxecto nacional que defenda os nosos intereses de país ante un estado que os obvia".

Calidade de vida, dignidade persoal, conciencia de nación e de identidade non son antagónicas. Haberá en quen pese máis o social, e en quen pese máis o identitario. Mais o certo é que no ámbito do nacionalismo ninguén discute a importancia de loitar por unha sociedade máis xusta no social, incluso entre os sectores tidos por máis conservadores (entre os que me inclúo como militante dun PNG-PG que reivindico). Por tal motivo non deberían existir grandes dificultades, agás egos e personalismos, en construír un proxecto nacional que defenda os nosos intereses de país ante un estado que os obvia.

A fin de integrar e non perder en discusións un tempo fundamental para pór andar un proxecto de país, poderiamos partir da base de que os integrantes nesta coalición, fronte, mare ou como se queira denominar comprométanse a constituír un Grupo Galego, non adscrito a forza política algunha, no Congreso e no Senado. Só fai falla querer.

Comentarios