Opinión

Crer e saber

Escribía Karl Jaspers que unha cousa é crer e outra é saber. Giordano Bruno cría e Galileo sabía. E xa sabemos como rematou o conto. Bruno foi queimado vivo en 1600 no romano Campo dei Fiori, e Galileo,  «Eppur si muove».  

Escribía Karl Jaspers que unha cousa é crer e outra é saber. Giordano Bruno cría e Galileo sabía. E xa sabemos como rematou o conto. Bruno foi queimado vivo en 1600 no romano Campo dei Fiori, e Galileo,  «Eppur si muove».  

"E como en toda crenza, non hai racionalidade que explique determinadas decisións (por que se vota determinada opción?"

Mentres que no ámbito do saber os feitos, cuantitativos e cualitativos, son demostrábeis e aceptados universalmente (a auga ferve a 100ºc), o que pertence ao ámbito das crenzas, agás que un sexa agnóstico, ou se acepta ou non se acepta (existe Deus?). Mentres no ámbito do saber un tribunal en base a feitos perfectamente demostrábeis emite sentenza, no ámbito das crenzas está reservado aos sacerdotes, que aplican iso de “fai o que eu digo e non o que eu fago”. 

A política, por moito que Engels falase de “socialismo científico”, pertence ao ámbito das crenzas. E como en toda crenza, non hai racionalidade que explique determinadas decisións (por que se vota determinada opción?. Incluso cando obxectivamente vai contra dos meus intereses). Máis que andar a xustificar o inxustificábel, sería máis decente aceptar “por que si” ou ser máis delicado e declamar con Blas Pascal “O corazón ten razóns que o corazón descoñece”.

"Por moito que se pretenda xustificar revogar un proceso de primarias que se desenvolveu conforme un regulamento aprobado, en base a interpretacións do espírito do que se quería. A interpretación do espírito, en base a que?"

E ven isto a conto polas sensacións que en min suscita “Ourense en Común”. Por moito que se pretenda xustificar revogar un proceso de primarias que se desenvolveu conforme un regulamento aprobado, en base a interpretacións do espírito do que se quería. A interpretación do espírito, en base a que?. En especial cando o resultado non concorda cos meus desexos. Os gardiáns das esencias perverten o valor democrático duns resultados en urnas de 1.586 cidadáns aos que abertamente se chamou a participar sen  reflexionar nas consecuencias do regulamento aprobado, e que os propios impulsores recoñecen que ten fallos. Polo que para emendar o erro iniciático, e amparados por 65 votos asemblearios, lanzan unha “fatua” condenatoria contra das prácticas dos partidos políticos para anular o proceso. Curiosamente, un dos impulsores da “fatua” recoñece que eles tamén... Vamos, “fai o que eu digo e non o que eu fago”. 
Mais a “fatua” non ten o mesmo alcance. Uns semellan expulsados do “paraíso” polo “pecado” de gañar. Mentres que cos outros pódese recompoñer a harmonía. Será posíbel?.

Sen abandonar o ámbito ideolóxico das crenzas. Fronte ao fariseismo da pureza das esencias, prefiro o dogmatismo daqueles que abertamente defenderon que non querían ir cunha forza política que eles consideran de dereitas. 

Comentarios