Opinión

Arte de deixar apodrecer

Sempre que lle comento algún problema que precisa de solución rápida, o meu vello amigo Arturo – e amigo vello que ten iso de que “máis sabe o diabo por vello que por diabo”-, sentenza cun “deixa apodrecer” que en min, preocupado por resolver a problemática que me preocupa, soa a un contundente “mira rapaz, nunca chove que non escapara”.

Sempre que lle comento algún problema que precisa de solución rápida, o meu vello amigo Arturo – e amigo vello que ten iso de que “máis sabe o diabo por vello que por diabo”-, sentenza cun “deixa apodrecer” que en min, preocupado por resolver a problemática que me preocupa, soa a un contundente “mira rapaz, nunca chove que non escapara”.

"Os Bárcenas, as Caixas B, e sucesivamente todos os meigallos que algunha malvada bruxa conxurou contra o bo do Mariano desaparecen das súas preocupacións cotiás".

En ocasións, teño a sensación de que o meu admirado e venerado amigo é unha especie de asesor oculto do Mariano Rajoy. Non hai quen me quite da cabeza de que cada vez que o noso presidente do goberno ten que afrontar unha das moitas crises, que a calquera mortal deixaría esnaquizado, pega unha chamada ao Arturo e cando este lle solta o adaxio máxico “Mariano, deixa aprodrecer”, este noso presidente, que de todos é, durme coma un anxo. Xa escapará, dí en soños. E semella que van escampado. Os Bárcenas, as Caixas B, e sucesivamente todos os meigallos que algunha malvada bruxa conxurou contra o bo do Mariano desaparecen das súas preocupacións cotiás.

Mais o de deixar apodrecer non é arte de doada aprendizaxe. Coma tampouco é o de compoñedor, meigo, bruxo ou menciñeiro. Alén dun 3+2 (entendámonos grado de 3 e 2 de master), é preciso unha práctica de moitos anos. E con certeza que Mariano a ten. Aínda lembro aquel vigoroso vicepresidente da Xunta de Albor para quen o galego era un simples dialecto a quen un Beiras, na altura incuestionábel lider do nacionalismo, replicou en latín. Por iso de que postos a vindicar idiomas e dialectos, ... E como “nunca choveu que non escapara”, ... Quen ía pensar na altura que ese mozo de Pontevedra, aínda que natural de Compostela, chegaría á Moncloa?.

"Novo problema no PSOE con Chaves e Griñán, e Pedro Sánchez non dubida en aplicar a fórmula máxica do “deixar apodrecer”.

Estou a pensar en Pedro Sánchez. Debeuse decatar do erro cometido, no fondo e nas formas democráticas, coa súa decisión respecto da destitución fulminante de Tomás González, polo que, froito do pacto PP-PSOE, non dubidou Rajoy en facilitar o contacto do Arturo. E xa ven vostedes, novo problema no PSOE con Chaves e Griñán, e Pedro Sánchez non dubida en aplicar a fórmula máxica do “deixar apodrecer”.

Comentarios