martes 04/08/20

Un maremoto para Galicia

Dous acontecementos nesta semana, son un bo sinal para pensar que a Marea ou a alternativa electoral contra a dereita en Galiza, comece a dar os seus primeiro pasos, en boa dirección. Por unha banda a asemblea constituinte de Vigo, onde Xosé Manuel Beiras como era de esperar, foi a figura central da mesma, integrando a comisión xestora. Doutra banda o resultado das eleccións internas de Podemos Galicia, que por unha ampla marxe os inscriptos, apoiou a confluencia nunha alianza instrumental.

Os aplausos á intervención de Beiras, durante a constituiente, indicaron claramente que segue sendo o líder natural deste espazo e o único posible candidato


Os aplausos á intervención de Beiras, durante a constituiente, indicaron claramente que segue sendo o líder natural deste espazo e o único posible candidato de enfrontarse con éxito fronte a Núñez Feijoo. Coas eleccións xa convocadas sería un suicidio político intentar experimentar ou inventar o que xa está inventado. Só cabe de conceso acordar a candidatura a Presidente do líder da esquerda galega e como vicepresidenta, a outra pata necesaria deste acordo electoral, a líder de Podemos Carmen Santos.

Este edificio político está baseado nestas dúas columnas centrais Beiras e Podemos. Estas son as dúas marcas que representan ás dúas grandes sensibilidades políticas: A esquerda nacional e a esquerda rupturista estatal. Doutra banda a decisión maioritaria das bases de Podemos de apoiar esta confluencia, foi un verdadeiro éxito de Carmen Santos, que puido pilotear con moita cintura política a situación interna. O cadros medios desta organización, uns días antes, opuxéronse á tese da súa secretaria xeral, nunha actitude carente de sentido, que demostra a falta de formación política dos seus cadros. Mentres que o sector “Critico Oficial”  aínda que estaban pola confluencia, carece de autoridade moral e representatividade ante as bases de Podemos, pola forma de como foron elixidos como deputados ou senadores.

Beiras e Podemos son as dúas marcas que representan ás dúas grandes sensibilidades políticas de En Marea

Feijoo xa tomou a iniciativa fixando a data, e o proceso electoral xa está en marcha. Os residentes galegos no exterior están en término para solicitar o seu voto rogado e faltan poucos días para legalizar e presentar as candidaturas.

Soamente unha rápida actitude dos actores políticos deste proceso, intentando democratizar a confluencia, definindo un programa ilusionador e transformador en clave galega e a elección de candidatos representativos da nosa sociedade, poden xerar o maremoto de votos, que desprace para sempre ao caciquismos e á dereita rancia. Galiza necesita empezar un proceso constituinte, que defenda os seus dereitos nacionais e sociais.

comentarios