Opinión

 Malpensantes

Hai xente que pensa ben e xente que pensa mal. Como quen non sabe escoller a boa froita, a que non está golpeada, entre a oferta de mazás golden ou peras conferencia do súper. Tamén hai xente que pensa
ben e xente que pensa mal. Non "pensar mal" no sentido de faladoría de patio de veciños de se fulano lle pon os cornos a mengano. Non, pensar mal para, din, rematar acabar votando mal. Polo visto hai xente moi
equivocada, xente que non sabe distinguir a luz do túnel (ningún da AP-9, alí anda todo moi escuro) da do intermitente do coche. O mesmo patrón de xente, din, que reclaman cousas sen sentido algún, "cousas
sen sentido de xente que pensa mal". Din isto algúns, poucos pero influíntes, ben destros na sinaléctica-dialéctica do código de circulación do xornalismo e a política de trincheira dunha película bélica de serie B. "Malpensar" é tamén un palabro que se pode deducir entre as liñas das conversas deses algúns influíntes, das declaracións que fan, das sentenzas de café e Mccallan que sentencian perante os medios de comunicación. Todo é susceptible de ser malpensado. Ata a obxección de conciencia. Logo, hai xente saturada, saturada de non poder facer o anterior: pensar, obxetar conciencia. Algúns incluso deben plantexarse se facelo sen ruído. Debe ser saturante, tamén, debaeir ou tentar pactar con persoas que non só saben de todo, senón que teñen baixo o brazo todo o sabido. Non é unha experiencia estimulante.

Din isto algúns, poucos pero influíntes, ben destros na sinaléctica-dialéctica do código de circulación do xornalismo e a política de trincheira dunha película bélica de serie B

 

Dentro duns días inaugúrase ARCO, a feira de arte en Madrid, cecais axude a despexar e desfogar de malpensantes a capital. Non é que ARCO propoña nada rompedor nos últimos anos, mais polo menos, entre
editorial e sentenza da xente que todo o pode saber, hai un pouco de arte abstracta.

Comentarios