domingo 19/09/21

A manada non é un caso aillado; é un caso ao descuberto de violencia institucional

Pouco dura a alegría na casa feminista. Logo da folga e mobilizacións do 8 Marzo, logo de berrar que o machismo nos fai máis pobres, que nos fai traballar gratis na casa, que nos fai traballar con maior precariedade (con temporalidade e parcialidade), que nos condea a unhas pensións paupérrimas, que nos está asasinando e violando; logo de visibilizar todo este contexto de discriminación e violencia que sufrimos polo feito de ser mulleres nunha folga histórica e nunhas manifestacións feministas masivas e sen precedentes na Galiza e en todo o estado español… pois logo de todo isto chegou o día 3 abril de 2018, e con el os recortes orzamentarios ao Pacto de estado contra a violencia machista: dos 200 millóns de euros prometidos para 2018, só se incluiron finalmente 80 millóns nos presupostos xerais do estado. Este día pasou sen pena nin gloria pero a mensaxe é clara: o estado non está con nós, está contra nós. 

E ben, esta quinta feira 26 abril  2018 saíu a sentenza do caso da Manada; cousas do destino, o mesmo día que se aprobaron no Congreso eses recortados orzamentos xerais do estado. Xa coñecemos a sentenza da Manada, e esa obscena tendencia a minimizar as agresións sexuais que sufrimos as mulleres. Eu teño que recoñecer que a min non me sorprendeu nada a sentenza. Non quedei en absoluto abraiada. Pode que o meu traballo na asociación Rede de mulleres contra os malos tratos en Vigo ao longo de tres anos (2013-2016) explique a miña falla absoluta de sorpresa ante esta sentenza. Nos acompañamentos que fixen coas mulleres para interpoñer denuncias na comisaría ou para prestar declaración nos xulgados atopas moi habitualmente un maltrato institucional que minimiza e dubida das palabras das mulleres, e uns tempos de espera nos servizos sociais, na comisaría e nos xulgados de violencia que amargan a calquera, e por suposto, sentenzas machistas. En xeral, existe unha falla de formación específica en xénero e igualdade por parte de todos os dispositivos e sobre todo na policía, avogados/as e xudicatura: iso si consegue deixarme abraiada. Cun curso dunha semana en Madrid, as forzas e corpos de seguridade dan acreditado que podes traballar no eido da violencia de xénero. Con dúas tardes de formación, a avogacía xa está formada para atender no turno de oficio de violencia de xénero. Eu non sei para que fixen dous anos de posgrao en estudos de xénero.

O meu traballo na asociación Rede de mulleres contra os malos tratos en Vigo ao longo de tres anos (2013-2016) explique a miña falla absoluta de sorpresa ante esta sentenza

 

É claro que a muller que denuncia violencia se mete nun laberinto xudicial incerto, onde o desamparo e a soidade é o habitual, nuns servizos sociais que non teñen previsto (nin poden, por falla de persoal) acompañar as vítimas en momentos tan chaves como ir á comisaría ou aos xulgados, e con sentenzas que transpiran machismo ao entender que non hai coacción nin violencia nun portal onde cinco homes “abusan” dunha muller. Se te sometes non é violación e se te defendes te poden asasinar, como tristemente lle pasou a Nagore Lafagge asasinada noutro San Fermin en 2008. 

Se te sometes non é violación e se te defendes te poden asasinar, como tristemente lle pasou a Nagore Lafagge asasinada noutro San Fermin en 2008

 

O certo é que ao non haber aínda modificacións lexislativas, este caso non é considerado violencia de xénero: dado que entre os agresores e a vítima non había anteriomente ao delito unha relación afectivo- sexual. A iso eu tamén lle poñería un nome: violencia institucional. De novo, a mensaxe está clara: o sistema xudicial non está con nós, está contra nós.

A manada non é un caso aillado; é un caso ao descuberto de violencia institucional
comentarios