Opinión

Prisma, de prismáticos

Hai uns días, nunha conversa informal saíu o tema do peche da fábrica de Sargadelos. 

Unha mágoa que desaparezan empresas nosas, empresas galegas con tanta tradición e cultura da terra. – Dixen eu.
Ao que me respondeu unha persoa da Coruña:

Hai uns días, nunha conversa informal saíu o tema do peche da fábrica de Sargadelos. 

Unha mágoa que desaparezan empresas nosas, empresas galegas con tanta tradición e cultura da terra. – Dixen eu.
Ao que me respondeu unha persoa da Coruña:

"Sargadelos é moito máis que fermosas pezas dunha beleza simplesmente estética. É arte e cultura galegas. E íso é caro? Non. Non ten prezo".

Es que es normal que cierre porque las cosas de Sargadelos son muy caras y la gente no las puede pagar!

E como mo dixo levando postas unhas pulseiras de Tous, co osiño e todo que ela mesma mercara, dubidéi se era choteo ou estaba de coña e daquela repliquéille:

E logo Tous é barato? 
…………………….
Compre aclarar que non seréi eu quen ouse facer crítica do gusto estético de cada quen. Non se trata diso, non, porque como ben sabemos tod@s, Sargadelos é moito máis que fermosas pezas dunha beleza simplesmente estética. É arte e cultura galegas. E íso é caro? Non. Non ten prezo.

Non se trata, como dicía, de barato ou caro, para nada, o que acontece é que Tous é de fóra, e coma sempre, enquistámonos en valorar todo o que ven de fóra como mellor.  Aínda que custe o mesmo, ou mesmo aínda que custe máis. 

Extrapolando esta anécdota ao contexto económico de Galiza fica retratado de xeito nítido, cristalino, o por qué de que sigamos a agochar a cabeza no canto de sacala do burato no que goberno tras goberno centralista nos teñen sumid@s desde tempos que eu nin lembro.  O noso rural non da beneficios, é un estorbo e hai que acabar con el, dinnos. A nosa pesca, para qué mantela se total os gobernos do Estado Español defenden a productividade dos demáis e non a de aquí. O noso agro, mellor regalalo cuota tras cuota aos lobbys europeos, mentras damos as grazas polas esmolas que nos revirten. As nosas industrias, exprimidas ao máximo e pagando salarios de miseria os obreiros e obreiras.  A enerxía, producímola para que en Madrid se enriquezan, e mercámola de volta máis cara… 

Todo este contexto vénlle que nin pintado aos intereses capitalistas a fin de non deixar medrar o país e así obrigarnos a permaneceren na escuridade da pobreza económica e poder termos atad@s e repartirse o pastel entre el@s. E nós qué facemos? Ficar caladiñ@s que estamos máis guap@s? Qué facemos?

"Propoño unha ollada desde dentro, unha ollada que nos permita recoñecer a valía económica, social e cultural de Galiza para poder facer fronte cos nosos medios á profunda crise-estafa que estamos a sufrir".

Pois mentras todo ísto acontece diante dos nosos fuciños, ollamos o panorama coma se non fose con nós. Coma se estivésemos fora dos nosos corpos de galeg@s, coma se fósemos  outras persoas, outro país, vendo a situación fronte a un espello duro coma o titanio que non nos devolve solución algunha. 

É en realidade unha situación que merecemos ¿? Unha situación que “éche o que hai…”¿?

Non, o que pasa conseguiron colocarnos nun escenario deliberadamente programado e provocado. Ou acaso pensades que a censura mediática á que están sometidos os programas nacionalistas de esquerdas que loitan por pór en valor os recursos dos que dispón Galiza é por antollo? Nada máis lonxe da realidade! Até o de agora, os censores do réxime tiñan unha excusa magnífica para xustificar esta ocultación nos medios: a escasa representación parlamentaria, que, como era e é pouca, correspondíalle os outros partidos “por lei” máis proxección nos telexornáis e na prensa. 
Dicían.

Mais, amigas e amigos, qué xustificación poñer agora cando levan máis dun ano dándolle voz a partidos que, até as eleccións andaluzas, NON tiñan nin un só representante en ningún Parlamento do Estado Español? Ai queridiñ@s, o réxime quedou orfo de excusas de mal pagador… 

Por todo o exposto, propoño unha ollada desde dentro, unha ollada que nos permita recoñecer a valía económica, social e cultural de Galiza para poder facer fronte cos nosos medios á profunda crise-estafa que estamos a sufrir. Porque os recursos os temos, si, OS TEMOS e a esgalla, aínda que @s vendedores da terra se empeñen en tratar de convencernos de que non. 

Será que necesitamos mudar o prisma ou mercar uns prismáticos?

Comentarios