Opinión

Pablo y el Rey. Ou o voto que nunca foi ...

Teño que recoñecer que aínda así estou sorprendida. Aínda despóis de velo vir dende moi, moi lonxe, fico sorprendida. Supoño que, inxenua de min, nunca penséi que a foto de Pablo Iglesias con Felipe VI tería lugar. A verdade é que nunca crin que chegaría a tanto, dado o comportamento do líder de Podemos nos seus inicios. 

Teño que recoñecer que aínda así estou sorprendida. Aínda despóis de velo vir dende moi, moi lonxe, fico sorprendida. Supoño que, inxenua de min, nunca penséi que a foto de Pablo Iglesias con Felipe VI tería lugar. A verdade é que nunca crin que chegaría a tanto, dado o comportamento do líder de Podemos nos seus inicios. 

"Tic, tac, tic, tac: “qué demo está a pasar aquí?” –Preguntaránse. “Ónde estamos? Seica a cidadanía é o Rei?”"

Tirando de hemeroteca (ou de programas da Sexta que para o caso son equivalentes), propóñovos contar a chea de veces que Pablo Iglesias chamou casta @s seus compas de chupi-foto o outro día. Vale, vale.., é imposible xa o sei! Mais o que me chama poderosamente a atención é que se eu, que xa prevía este xiro a non sei qué centro que din el@s, se eu estou abraiada, cómo han estar @s que creron fielmente nel. En serio. 

Entendo que haberá dúas vertentes: unha a de quen o defenda así lle vaia o último folgo niso e outra a d@s que aínda están a ver como encaixan semellante decepción. Decepcionoume até a min, que nunca lle din crédito haha… Imaxinade por un intre @s integrantes da Izquierda Anticapitalista que, nun acto de surrealismo alucinante, decidiron darlle o apoio á formación da cidadanía. Tic, tac, tic, tac: “qué demo está a pasar aquí?” –Preguntaránse. “Ónde estamos? Seica a cidadanía é o Rei?”

A dicir verdade foron deixando pistas, certo. Para quen as quixer ver, claro. Por exemplo falar, ou mellor dito, ouvear que o aborto non é prioritario, gabar o Papa na súa intervención no Parlamento Europeo ou mesmo desfacerse en eloxios para con Botín e familia son xestos inequívocos da deriva felipista que ían tomando Pablo & Company. Vaia, que oportunidades de caer da burra hóuboas! 

Decepcionante é tamén cando me poño na pel da potencial votante de Podemos que deixou de saír á rúa a protestar porque lle fixeron crer que co seu voto a esta formación todos os problemas desaparecerían, que xa non sería necesario reclamar nas rúas, a berros, un traballo, un traballo digno, un salario digno, unha igualdade entre homes e mulleres REAL, un teito onde vivir no país e non ter que emigrar, unha seguridade de que non te van estafar nin os bancos nin co recibo da luz...

"O mesmo ritmo en que Podemos rebaixa as súas exixencias sociáis (renda mínima e impago da débeda, por poñer dous exemplos recentes) aumenta a desigualdade entre ricos e pobres. Así ónde van? En serio". 

Qué va, xa non é necesario ou si? 

Ollamos, día tras día, que ao mesmo ritmo en que Podemos rebaixa as súas exixencias sociáis (renda mínima e impago da débeda, por poñer dous exemplos recentes) aumenta a desigualdade entre ricos e pobres. Así ónde van? En serio. 

De tódolos xeitos, se cadra son eu a única que agardaba máis de Pablo Iglesias. A única que agardaba máis de Podemos. A única que agardaba unha reafirmación da esquerda españolista. Se cadra é que puxen o listón moi alto. Claro, é o que ten ser de esquerdas. Si, de esquerdas, unha esquerda que por moito que intenten deturpar o seu significado, existe, vive, loita. Mais como non interesa que esta medre, deixan medrar nos circos mediáticos propostas pseudo-revolucionarias, pseudo-roturistas que ao único que conducen é a unha nova e maiúscula decepción nos votantes que foron  enganad@s, si, enganad@s vilmente, porque non se pode saír á palestra pública falando de derrubar a casta e en menos dun ano fotografarte cun rei imposto e impostado. 

Querid@s de Podemos: #NONSEPODE 

Comentarios