Opinión

Por un cambio..., de canal

Colles vari@s rebotad@s doutros partidos, fas un bo remexido para que se mesturen ben, póslle un nome novo e xa tes unha candidatura cidadana a gusto do televidente. 

Colles vari@s rebotad@s doutros partidos, fas un bo remexido para que se mesturen ben, póslle un nome novo e xa tes unha candidatura cidadana a gusto do televidente. 

"Mentras subía a presenza de mareas e plataformas, baixaba ou directamente censurábase a presenza na tv e na prensa dos programas nacionalistas"

Ao longo desta precampaña de máis dun ano asistimos, eu polo menos estupefacta, ao lanzamento ao estrelato mediático destas chamadas candidaturas da xente ao tempo que ían desaparecendo do espectro televisivo e con total impunidade as forzas nacionalistas de esquerdas. Mentras subía a presenza de mareas e plataformas, baixaba ou directamente censurábase a presenza na tv e na prensa dos programas nacionalistas. Eu tratéi de cambiar de canal en moitas ocasions, mais había outra opción que non fose as televisións controladas polo PP por un lado ou as que adulaban os movementos cidadáns polo outro? Pois a verdade é que non.

Aquí en Galiza este tema chegou a tomar cariz de alarma. A prensa un pouco máis progresista da Coruña, por exemplo, apostou descaradamente por facerlle a campaña a todo trapo á Marea Atlántica. Digo máis progresista porque, evidentemente comparado co medio líder, calqueira o é. Este último seguiu gabando o PP na súa liña editorial como adoita para tratar de que a debacle non fose tal. Sin novedad en el frente. E o mesmo pasou ca TVG, claro. Prácticamente adicáronse a falar das bondades do Partido Popular, a sacar a relucir que as mareas existen e que son alternativa pero alternativa aos demais partidos de esquerdas, non á dereita, e por último o consabido ocultamento rozando o ridículo do Bloque.

"O resultado é o desexado e o obxetivo, cumprido: voto polarizado PP-Mareas. Nacionalismo non, grazas. E ísto podese facer extensivo a todo o Estado Español"

O resultado é o desexado e o obxetivo, cumprido: voto polarizado PP-Mareas. Nacionalismo non, grazas. E ísto podese facer extensivo a todo o Estado Español, aínda que en Catalunya e en Euskal Herria aguantan moito mellor os partidos nacionalistas, certo é que estes movementos "cidadáns" restáronlles moitos votos e moita forza. Eu penso que o actual réxime e a dereita en particular, caeu na conta de que xa non tiñan xeito de frear a suba nacionalista á maneira habitual e daquela decidiron encumbrar nos medios, sobre todo nas teles, a partidos de novo cuño que atraeran o voto do descontento que sin a súa presenza, estaba indo a parar directísimamente @s nacionalistas. Foi unha estratexia de pór o freo que deu moi bo resultado.

E se aínda por riba, poslle a coletilla e fas crer o personal que somos nós, a cidadanía a impulsora dese cambio pseudo-revolucionario pois éxito asegurado. Porque a min que alguén me explique qué ten de cambio e de revolucionario votar a un Podemos totalmente PSOEditizado, a Ciutadans que é a marca blanca do PP ou a moitas mareas que levan nas súas listas candidat@s que pertenceron a movementos máis vellos ca min e que se autodenominan falsamente xente da rúa, cando xa estiveron en moitas poltronas doutros partidos. Porque non nos enganemos, son cidadáns e cidadanas, si por suposto, porque viven nas cidades pero lembremos que estas mareas están formadas nunha elevadísima porcentaxe por xente ex-militante de varios partidos que incluso mudaron a súa ideoloxía ou directamente pasaron dela para tratar de acadar un sillón no Concello a toda costa.

Fáise difícil de comprender o xiro en moitos casos de pasar de apoiar un nacionalismo independentista a recibir cos brazos abertos todo o que dan de si ao líder dun Podemos que non se declara abertamente españolista, non porque non o sexa, senón porque non se declara abertamente de NADA, non vaia a ser que se lle escapen votos desa saca que leva na que todo cabe.

"“Cal é a papeleta de Podemos?” foi a pregunta máis repetida onte nos colexios electorais da Coruña, e xusto a continuación collían a da Marea “porque van xuntos”…" 

As Mareas fixeron un gran papel, claro, sobre todo a da Coruña, e doulles os meus parabéns como non pode ser doutro xeito. Os inquéritos xa lles pronosticaban uns moi bos resultados. Mais, de novo, non nos enganemos. Foi xusto despois de que Pablo fixese a sua primeira visita á "provincias" cando se desatou o voto mareil. “Cal é a papeleta de Podemos?” foi a pregunta máis repetida onte nos colexios electorais da Coruña, e xusto a continuación collían a da Marea “porque van xuntos”… 

E todo hai que dicilo, se eu pertencese a este movemento tampouco estaría dando tantos saltos de alegría, posto que sei que unha elevada porcentaxe d@s meus votantes votaron Marea pensando que votaban Podemos. E con todo ísto, qué dous escenarios se lles apresentan agora mesmo á nova candidatura? Pois, por un lado, que a Marea vai estar secuestrada para facer políticas municipais que difiran do que diga a cúpula podemita, xa que @s seus votantes non van querer que se fagan cousas aquí diferentes do que diga Pablo, que para íso lle votaron, nonsi? Seguimos, máis unha vez, ca mesma cantinela de "Pongamos que hablo de Madrid". Máis unha vez, apartando os ollos da Galiza para voltalos ao Estado Español, ese que tanto nos deu...? Ai, que non, qué o qué fixo foi quitarnos e empobrecernos sen deixarnos sequera o dereito ao pataleo.

"Moitas Mareas, Podemos, FerrolesEnComún, BarcelonasEnComú, AhoraMadrides, etc van ter que pactar co PSOE! Si, con ese PSOE TAN casta" 

E o segundo escenario xa resulta até delirante. Moitas Mareas, Podemos, FerrolesEnComún, BarcelonasEnComú, AhoraMadrides, etc van ter que pactar co PSOE! Si, con ese PSOE TAN casta e tan súper-mega-denostado, e que á fin do conto vailles dar a chave do Goberno en moitos concellos ao longo do Estado. Incríbel. E íso @s votantes revolucionari@s que pediron lóxicamente un cambio a berros, cómo lles vai sentar? Asumirano como éche-o-que-hai ou castigarano até o infinito e máis aló como fixeron co BNG? Perdoaránlle os pactos ca casta como lle perdoan @s votantes do PP os seus casos de corrupción estilo mafia? Ou criticaranos até a saciedade e por secula seculorum como ao Bloque? Porque, non esquezamos tampouco, señoras-y-señores, que o PP perdeu todas as maiorías absolutas en Galiza (do cal me congratulo non sabedes cánto!), mais sacar por exemplo 10 escanos na Coruña dos Pikachus, 11 nun Ferrol co seu Naval asolagado ou 9 nunha Compostela podre de corruptos, é unha barbaridade con todo o que levan feito. Qué mais ten que facer o PP para que @s botemos definitivamente? En verdade vos parece lóxico que o castigo ás forzas nacionalistas que miran polo pobo, por todo o pobo, non so pola cidadanía das cidades, sexa infinitamente maior que o castigo a unha dereita arrasadora dos dereitos de tod@s? En serio íso é xusto? Para min, desde logo, non. En absoluto!

Comentarios