Opinión

Apuntalando o Bipartidismo

Hai pouco máis dun ano a maquinaria do réxime comezaba a artellar o mecanismo para frear a perda xeneralizada de votos dos dous partidos que conforman o bipartidismo tradicional, PP e PSOE, e sobre todo intentaba poñer o freo de man o aumento do apoio a partidos de esquerdas como IU a nivel estatal e, por supostísimo, aos partidos nacionalistas, que en verdade xa empezaban a amolar e moito.

Hai pouco máis dun ano a maquinaria do réxime comezaba a artellar o mecanismo para frear a perda xeneralizada de votos dos dous partidos que conforman o bipartidismo tradicional, PP e PSOE, e sobre todo intentaba poñer o freo de man o aumento do apoio a partidos de esquerdas como IU a nivel estatal e, por supostísimo, aos partidos nacionalistas, que en verdade xa empezaban a amolar e moito.

"Hai oito meses o discurso de Pablo & Company era o mesmo que leva repetindo a esquerda española desde hai décadas". 

A aparición, que non creación, dun suposto novo partido revolucionario de esquerdas que, copiando calcado o programa de IU, prometía cambiar un Goberno podrecido pola casta por un Goberno dirixido pola xente, enganchou de primeiras a todo ese electorado votante de sempre de Izquierda Unida cans@ de tormentas internas. Engancháronno porque lles contaban o mesmo! Hai oito meses o discurso de Pablo & Company era o mesmo que leva repetindo a esquerda española desde hai décadas. A maiores, tamén enganchou o voto descontento, o voto das persoas supostamente fartas do sistema. Mais, non nos trabuquemos, moita desta xente so estaba e está cansa da crise actual, o de que a culpa da crise é do sistema en si (que é o que hai que cambiar) non lles consta…

Chegados a este punto, a maquinaria do réxime empeza a tirar dos seus gadgeto-brazos executorios que son os mass media. Televisións, prensa e radios vólcanse co novo partido que vai desafiar os poderes establecidos, que vai tumbar a esa casta  dirixente e culpable de todos os nosos males, e bla, bla, bla… E segundo ían captando voto e simpatías, ían involucionando das súas ideas revolucionarias e de esquerdas até convertirse nun sucedáneo do PSOE socialdemócrata. Ergo, convértese en marca blanca dun dos partidos do bipartito que taaanto denostaron, tanto el@s coma os seus propios e futuros votantes. Non cambiaron, é parte da estratexia.

A ver, ísto acontece dende tempos inmemoriais porque o sistema capitalista no que estamos inmersos (moit@s contra a nosa vontade) non permite que partidos contrarios asomen nin o nariz. En canto empezan a amolar aos lobbys europeos, hai que frealos! COMO SEXA! Non van consentir gobernos de esquerdas (véxase Grecia) e nin moitísimo menos gobernos soberanos de partidos nacionalistas. Un apunte: vin de  comprobar durante todo este tempo que Podemos e outr@s levan utilizando toda a terminoloxía que existe para chamarnos como o réxime quere: xente, cidadanía, etc., calqueira cousa excepto pobo. E xa sabemos por qué… a soberanía dos pobos non pode ser permitida. 

"Segundo ían captando voto e simpatías, ían involucionando das súas ideas revolucionarias e de esquerdas até convertirse nun sucedáneo do PSOE socialdemócrata. Ergo, convértese en marca blanca dun dos partidos do bipartito que taaanto denostaron"

A partires disto, xa sabemos o que aconteceu, bombardeo mediático a dor! Había que construír unha alternativa, mais unha alternativa que NON desmontase os piares bipartidistas. E conseguírono, señoras-y-señores! En canto o PSOE necesite pactar con alguén, faráo con Podemos (véxase Autonómicas Andaluzas) e en canto o PP necesite pactar faráo coa súa marca blanca, Ciutadans. E LISTO: bipartidismo españolista apuntalado. 

Coláronola, miñas queridas e meus queridos. Coláronvola. Si, a vós, @s que iades cambiar o establishment co voso voto a Podemos ou a Ciutadans. Pues va a ser que no…

Neste intre, debo facer un apontamento importante. Preguntarédevos por qué esa diferencia de atención mediática a un partido e a outro. Por qué case un ano para encumbrar a Podemos e por qué tan so uns tres meses para que Ciutadans suba como a escuma (incluso en Andalucía, surrealista…). Pois a resposta e bastante doada: @s votantes de esquerdas son máis crític@s cas alternativas que se lles presentan, e por íso foi necesario moito máis empuxe e alabanzas o partido que se lles quería meter polos ollos. Palabras como revolución, casta, “los de arriba y los de abajo”, etc., funcionan mellor n@ votante de esquerdas.

"Por qué case un ano para encumbrar a Podemos e por qué tan so uns tres meses para que Ciutadans suba como a escuma"

Pola contra, @ votante de dereitas é moito máis sumis@, con tal de darlle un partido igualiño que o PP, pero menos corrupto, era dabondo. Por íso nun par de meses o descontento do PP pasou directamente a Ciutadans. E aquí voltamos ao tema do bipartidismo, pois xa está por un lado apuntalado un piar con PSOE-Podemos e o outro piar con PP-Ciutadans. 

Arrasada a esquerda españolista (IU). 

Moi afectados os partidos nacionalistas. 

E Europa tranquiliña sabedora de que o sistema, o réxime, o capitalismo, non corre perigo algún no Estado Español. 

A xogada é boa: fánnos crer que somos NÓS @s que cambiamos o sistema de goberno… HAHAHA… Nada máis lonxe da realidade, amig@s. O que digo sempre (e non o digo eu soa, claro): os partidos que loitamos por un verdadeiro cambio de sistema, os partidos que o réxime considera o inimigo, NON SAÍMOS NA TELE. A ver se nos imos enterando. 

Comentarios