Opinión

Dúas e dúas son cinco

Ultimamente lémbrome moitísimo de Orwel e de Huxley, supoño que xa intuídes que é en relación ás obras de ficción das que foron pais xa hai uns cantos anos. E é que, en realidade, o mundo no que vivimos lémbrame cada día máis a estas dúas obras 1984 e Un mundo feliz. 


Ultimamente lémbrome moitísimo de Orwel e de Huxley, supoño que xa intuídes que é en relación ás obras de ficción das que foron pais xa hai uns cantos anos. E é que, en realidade, o mundo no que vivimos lémbrame cada día máis a estas dúas obras 1984 e Un mundo feliz. 

"Todos son corruptos, sobre todo os que responden ao termo xenérico de políticos, nada de matizacións, por suposto. Non vaia ser que nos metamos na política e cambiemos algo".

Erguémonos para escoitar todos e cada un dos días uns titulares de prensa repetitivos, sensacionalistas, enganosos... Bombardeo tras bombardeo dirixímonos aos nosos postos de traballo nos nosos formidables automóbiles e a festa continúa. Ao chegar ao posto de traballo, as conversas, as pantallas ou a prensa escrita volven bombardear o noso cerebro eliminando toda posibilidade de exercer unha mínima reflexión. 

No medio de noticia e noticia publicidade, como non, non podería faltar, para lembrármonos que hai que consumir que temos que ser guapas, famosos e acomodados. E por se non fose pouca a tolemia combinamos todo este coctail coa comunicación desordenada dos nosos chats, wasaps, correos e outras marabillas dos tempos que nos tocou vivir. 

Así que con sorte a media mañá xa temos a anestesia, a depresión e o cansanzo do que nos rodea instalados na cabeciña. O pensamento circular que nos queren transmitir: 

Non hai nada que facer, déixate levar, ti consume e traballa mentres poidas.

Todos son corruptos, sobre todo os que responden ao termo xenérico de políticos, nada de matizacións, por suposto. Non vaia ser que nos metamos na política e cambiemos algo.

Esquécete de pensar por ti mesma, non hai saída. O do expolio dos bancos tiña que ser así, neste sistema que é o mellor do mundo temos que protexer ao capital e á sociedade de consumo.

Que non, que as multinacionais hai que defendelas porque son as únicas que nos dan traballo. Ahh e tamén a banca, si temos que financialos carai a ver se nos vamos a quedar sen os poucos traballos que quedan.

E así poderiamos seguir:

O nacionalismo é anticuado porque o digo eu, canto máis superglobais e modernos sexamos todos mellor. 

Os cataláns queren roubaronos pero todo o centralismo que hai  desde Madrid  é inevitable.
Jo, falar galego mola, pero hai que ser cidadán do mundo.

"Total cando xa non produzamos nada como galegos e galegas, por exemplo. Como comunidades con escala humana, con identidade, desapareceremos non é? E convertirémonos nun grande deserto".

...
    E xa se pasamos ao tema Becerro de ouro, é dicir todo o referente a canta ferramenta, aplicación ou         tecnoloxía actual existe, aí si, si que está permitido perder o tempo. O nivel de coñecemento, de               alfabetización dixital, de uso real e con coñecemento é mínimo. Pero iso si, todo o mundo ten que           estar aí. Iso indiscutible, o noso becerriño de ouro, a nosa condena se utilizamos mal as nosos                 oportunidades, 

Pero que máis dá! Total cando xa non produzamos nada como galegos e galegas, por exemplo. Como comunidades con escala humana, con identidade, desapareceremos non é? E convertirémonos nun grande deserto.

     Ou niso un nun lugar con catro multinacionais contaminantes e cidades pantasma como na que      eu mesma vivo. Si cidades pantasma, persoas pantasma e nacións pantasma. Sen nada que producir,      sen historia para contar porque xa a contan as grandes empresas da comunicación global, sen música      propia, sen cultura propia, sen un obxectivo, sen memoria, sen nada. 

Miro ese futuro e cada vez me gusta menos, e preguntábame ilusa  de min, se ao transmitirvos esta preocupación tan fonda podería prender chamas que xeren fogueiras. Por volver a Orwel e a Huxley, que foron quen me inspiraron a reflexión só me vén á cabeza outra das  frases de 1984:

"Miro ese futuro e cada vez me gusta menos, e preguntábame ilusa  de min, se ao transmitirvos esta preocupación tan fonda podería prender chamas que xeren fogueiras".

Se queres facerte unha idea de como será o futuro, figúrate unha bota aplastanto o rostro humano.

Foi Orwel tamén o que dixo que 2+2 era 5 se quen ten o poder o di.

E agora si que penso que non esaxeraba nin un peliño. Tampouco esaxeraba o psicoanalista Erich From cando dixo:

Os libros como os de Orwell son severas advertencias, e sería lamentable que o lector interpretase presuntuosamente a 1984 como outra descrición da barbarie estalinista, e non vise que tamen está dirixido a nós.

Si a nós, a ti a min, ao que non ten nada e ao que ten un bo traballo pero quedará a vivir só neste país porque de seguirmos así non vai quedar xente de verdade. Si daquela que fai as cousas emocionada, da que ten unha tendiña e lle coñeces a cara, da que sae adiante loitando polo seu contorno próximo, da que cre no seu país e nas súas posibilidades. Si refírome á xente que soña e que crea, desde as poetas ata os agricultures, desde os da I+D ata as da industria máis clásica. Para que volvamos ter un algo motivador e soñador, como moitas das nosas escritoras, das nosas nais ou dos nosos veciños. A estas alturas tan só existir sería todo un reconforto!

Comentarios