Opinión

Caos na educación dixital

Recentemente podiamos ler esta noticia http://ir.gl/cc31d3 na que unha editorial denunciaba á Xunta de Galiza por plaxio. En concreto unha demanda por infracción da propiedade intelectual na plataforma virutal de aprendizaxe para un proxecto de educación dixital da Xunta, http://ir.gl/dda69f

Recentemente podiamos ler esta noticia http://ir.gl/cc31d3 na que unha editorial denunciaba á Xunta de Galiza por plaxio. En concreto unha demanda por infracción da propiedade intelectual na plataforma virutal de aprendizaxe para un proxecto de educación dixital da Xunta, http://ir.gl/dda69f

A súa vez a propia Xunta sinalaba como culpable a unha empresa que creou contidos dixitais educativos para ela. E a nosa administración autonómica pedía unha indemnización por introducir neses contidos, que xa eran contidos oficiais quinto e sexto de primaria, os polémicos contidos copiados dunha prestixiosa editorial educativa do negocio da lingua inglesa.

"Se é verdade que elaborar un material educativo en papel destas características leva 3 anos é bastante difícil facelo en dixital en 3 meses"

Polo que parece foi o propio profesorado quen denunciou o plaxio. E ademais houbo diversas e variadas reaccións no universo educativo. Desde profes que denuniaba que estes materiais fosen os únicos materiais dixitais ofrecidos pola Xunta, violando o pluralismo educativo, ata colectivos editoriais que argumentaban que estas cousas acontecían por encargar estes traballos en 3 meses cando un proxecto editorial similar levaba mínimo 3 anos.

Atopabámonos con dúas novidades salientables, unha a de que os contidos educativos estivesen en dixital en Internet, cunha soa opción de consulta e outra que o tempo de realización deste tipo de traballos fose tan curto. Porque se é verdade que elaborar un material educativo en papel destas características leva 3 anos é bastante difícil facelo en dixital en 3 meses. Ou se cadra os señores da Xunta pensaron que ao facerse en ordenador non había que traballar, que xa o facía a máquina soa. Mais por outra parte tamén pode chocarnos a dotación orzamentaria de case 6 millóns de euros para esta plataforma de contidos dixitais. Se cadra o traballo podería ter sido de alta calidade e sen explotacións laborais nin plaxios. Non teño nin idea de como foi pero non penso que ningún profesional ben pagado e sen presión se poña a copiar os materiais dunha coñecida editorial.

Mesmo lendo con distancia unha noticia deste tipo podemos sacar algunhas conclusións claras que dan para analizar a que nos enfrontamos en canto ao contexto educativo en relación coa tecnoloxía e a Internet. Como tendencia xeral deducimos que o marco de explotación laboral, de abaratamento de tempos e de custos? están presentes neste sector con todo o que implica de risco. Por outra parte o prestixio sobre o que se presenta todo o tecnolóxico ou dixital disfraza, como sabemos, produtos dunha dubidosa calidade e pedagoxía. Non sei, neste caso se o feito de que sexa un material sobre a aprendizaxe da lingua inglesa afecta a este suceso. Se cadra se fose de lingua galega ata non importaría nin que plaxiasen. 

"Por outra parte tamén pode chocarnos a dotación orzamentaria de case 6 millóns de euros para esta plataforma de contidos dixitais. Se cadra o traballo podería ter sido de alta calidade e sen explotacións laborais nin plaxios".

A verdade é que os cambios que vivimos, aínda recaendo nos medios e ferramentas, condicionan tanto sectores como o educativo, que aínda non son quen de ver como nos imos enfrontar a isto socialmente. Como en calquera outro ámbito se non temos coñecemento e información sobre o medio no que traballamos non imos poder crear teoría, propostas ou reflexións. E o máis grave, non imos poder mudar a través da acción por non termos experimentación en certos contextos. 

Buscar espazos de reflexión, coñecemento, asesoramento e mesmo toma de decisión en canto á educación na Internet pode sérmonos moi útil. Comezar a pensar que o uso de aplicacións ou tecnoloxías que nos atan pode ser prexudicial é unha oportunidade. Na nosa man está elixir ferramentas non privativas, tecnoloxías colaborativas e medir a nosa dependencia dos monstruos empresariais da Internet. Só deste xeito poderemos guiar ao alumnado co que nos toque dialogar neste árido mundo da aprendizaxe envolta no becerro de ouro das TIC e da Internet.

Comentarios