Opinión

Xustiza ficción

—Familiares de Manuela Barrio...!
—Si, bo día.
—Qué parentesco tenía usted con ella?
—Son o esposo. Por favor, eu quería que a miña declaración constase en galego.
—Usted hable como quiera y yo también hablaré como quiera.
—Non, non, non falo de falar, falo de transcribir as miñas palabras en galego.
—Ah, no, no, yo las escribo en castellano.
—Faga o favor -tercia o meu acompañante- baixe o volume da voz e fale sosegadamente, son avogado...
—Disculpe es que yo soy muy impulsiva...
—Se vostede é incapaz de facelo -continúo eu-  aquí mesmo hai máis funcionarios e outra persoa poderá facelo...
—No, no, soy totalmente capaz, lo que pasa es que no quiero...
—Está vostede denegándome os meus dereitos...

E despois calo. Ninguén na oficina se inmuta. Non podemos perder máis tempo para que o corpiño deixe de ser levado dun hospital a outro e a trasladen ao tanatorio de Cangas para que a familia, amigas e amigos poidamos velala.

—Dígame cómo se produjo el fallecimiento. Se encontraba mal?
—Hai algo máis dun ano tivo  un pequeno accidente: caíu e partiu un tornecelo... en castellano “tobillo”...
—Si, si, ya sé, entiendo perfectamente...
—Tamén eu, tamén eu entendo...

E non acordei: sigo no pesadelo diario onde o Sergas se chama “Servicio Gallego de Salud”, onde o letreiro  di “Xulgado” e se nos fai achantar arreo arrancándonos a lingua.

Comentarios