Opinión

A Guerra da Auga (I) Roberto Blanco Torres na defensa das burgas

E poderíase dicir que hai pouco máis dun século a vila do Baño (Cuntis) está a rexurdir novamente dende o ámbito do termalismo (como fan tamén A Toxa, Mondariz e outros concellos). Pero as comodidades non son moitas, para as xentes do común, e o nerviosismo é un continuo estado de ánimo por mor de certos procedementos que fenden a tranquilidade dos cidadáns. Tempo atrás, 1853-1859, o cura párroco D. Nicolás García Sueiro defende con unllas e dentes os mananciais de auga termal así como a fundación hospitalaria que outrora tivera a ben crear o II Conde de Ximonde para todos os pobres do Reino da Galiza. 

E poderíase dicir que hai pouco máis dun século a vila do Baño (Cuntis) está a rexurdir novamente dende o ámbito do termalismo (como fan tamén A Toxa, Mondariz e outros concellos). Pero as comodidades non son moitas, para as xentes do común, e o nerviosismo é un continuo estado de ánimo por mor de certos procedementos que fenden a tranquilidade dos cidadáns. Tempo atrás, 1853-1859, o cura párroco D. Nicolás García Sueiro defende con unllas e dentes os mananciais de auga termal así como a fundación hospitalaria que outrora tivera a ben crear o II Conde de Ximonde para todos os pobres do Reino da Galiza. 

"Alzouse a voz, protestou a comunidade e –coa xustiza pola man– os veciños botan abaixo ese muro das lamentacións para reconquistar o espazo comunitario".

Pero hai algo máis dunha centuria, en tempos do presidente español José Canalejas (1910-1912), certa familia intenta apropiarse –fose como for– dun anaco de praza publica (hoxe chamada de Galiza) tal e como noutro momento fixera cuns mananciais de auga quente de “dominio procomunal”. Este é o momento no que comeza o furtivismo hidráulico máis descarado, as artes de rapinar tal miñato todo o que incrementase a espírito da gula. E estas cousas vértense en artigos tan brillantes como aquel que no Diario Español publica o laureado xornalista Roberto Blanco Torres. Enviara as súas liñas dende Vigo, onde era redactor do Galicia, en plena ditadura de Primo de Rivera, un día calquera de febreiro de 1926. Fixérao por defender aos cuntienses, por colaborar cunha causa lexítima, e por un valor fundamental das sociedades e do ser humano: facer Xustiza. Pouco acougo tivo a súa pluma para denunciar o que estaba a ocorrer. Ergueran “aqueles” unha valla de madeira usurpando ese anaco de zona pública, quizais coa idea de que a xente ía comungar con rodas de muíño. Pero non sucedeu segundo o esperado, alzouse a voz, protestou a comunidade e –coa xustiza pola man– os veciños botan abaixo ese muro das lamentacións para reconquistar o espazo comunitario.

“La familia” teima no asunto e volve alzar –requirindo a presenza da forza pública– o que logo se vai derrubar. Foran tres os gardas civís e un carpinteiro os que axudan a erguer ese “muro” ao estilo daquel de Berlín, mais a corporación municipal (ouvindo a voz do pobo) denega a autorización de consentir unha monstruosidade na fermosa praza pública. Xa con Primo de Rivera a historia comeza a se escribir de xeito torto, o balado levántase desafiante a toda lóxica, posto que o Concello autoriza tal esperpento. Axiña habían comezar os preitos, pero han ser inútiles e –segundo as propias verbas de Roberto Blanco Torres– “la fuerza pública refrenda en las calles de Cuntis la decisión de los que mandan y ordenan, y no se mueve una hoja”.

"De termos sangue nas veas teriamos que comezar a reivindicar o que é noso: comunal e comunitario. Pedir auga (doce e termal), pedir terra e pedir XUSTIZA"

Acto seguido enarbórase un aviso, unha alerta e unha ameaza. Dáselle noticia ás autoridades de non consentir que ningún xornal fale deste asunto: carpetazo e porta. O galeguista de Cuntis, compañeiro de Castelao e Bóveda dentro do partido, sinala que isto seguirá así até que as circunstancias xurídicas non muden. Fixérono hoxe? Ficamos en Democracia ou nun directorio civil?

Esta valla de madeira anos máis tarde revestiuse de tixolo, pintouse de branco, non como símbolo pacificador senón para edulcorar o acto furtivo. Hoxe á praza de Galiza – quizais coma acontece tamén co noso país– fáltalle un anaco do seu ser. Por iso se cadra –de termos sangue nas veas– teriamos que comezar os do outro lado da valla a pedir e reivindicar o que é noso: comunal e comunitario. Pedir auga (doce e termal), pedir terra e pedir XUSTIZA. QUE SE NOS OUZA.

Comentarios